Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os aldeáns temos que vivir

    HAI persoas que ao que aspiran e a ser urbanitas no campo: Se vides á aldea para seguir vivindo como na cidade, estádevos trabucando. Se vides á aldea para seguir consumindo como na cidade, estádevos trabucando. Se non entendedes que os aldeáns temos que vivir do noso, estádevos trabucando. Se as transformacións necesarias non teñen en conta os intereses e pareceres dos aldeáns, estádevos trabucando. Non é necesario ver películas como As bestas para ollar confrontación de intereses entre aldeáns e novos moradores.

    Aí están as denuncias polo ruído do canto dun galo. Ou pola brecadura dunha cuxa que quedou sen nai; ou, sen ir tan lonxe, en Compostela, multando a un gandeiro porque as súas vacas cagan no camiño do prado á granxa. A esas mesmas persoas non lles importa que, por exemplo, en Vigo, en máis de dous meses, no parque de atraccións navideño, se superasen por moito a contaminación acústica e tamén, en todo o centro da cidade, a contaminación por gases en plena crise respiratoria. Da contaminación lúminica, mellor nin falar.

    Tamén hai moitas persoas que se veñen vivir á aldea e que non só se integran na parroquia, coma unha máis, senón que son un auténtico revulsivo para a vida comunitaria. Pois o grande problema non son as persoas individuais, senón as políticas postas en marcha pola Xunta e pola maioría dos concellos. Pretenden transformar as aldeas e o agro non para os veciños, senón para os que veñan de fóra, sobre todo para o turismo. Infraestruturas, sinais, políticas medioambientais, agrarias, etc, en función dos visitantes. Non só non lles importa ou non queren entender que os aldeáns tamén temos que vivir, temos que ter actividade agrícola, gandeira e outras que poden “molestar”. Debemos tronchar árbores, cortar leña, pór cercados, defendernos dos animais salvaxes, andar con maquinaria, botar as vacas que atrancan o tráfico e luxan o cemento...

    Sen os aldeáns, desaparecería todo: non habería paisaxe, nin carreiros e camiños polos que pasear, nin produtos “autóctonos” que consumir...

    Nin unha aldea é unha vila, nin o monte é igual a ecoloxía!

    14 ene 2023 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.