Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os autocaravanistas damos beneficios

    en relación ao artigo escrito pola periodista Beatriz Castro, e titulado Estacionar no es aparcar gustaríame puntualizar un par de cuestións sobre o texto.

    Supoño que para escribir este artigo tería feito vostede un traballo de investigación ou, alomenos, algunha enquisa aos autocaravanistas para saber se gastan os seus cartos ou non nas cidades polas que viaxan. Direille que a miña experiencia e mais a de moitos autocaravanistas que coñezo non ten nada que ver co que escribe no seu artigo. Cando saímos da casa, é verdade que levamos víveres de urxencia, pero o que máis nos gusta é poder tomarlle unhas cañas antes de xantar nalgunha terraza logo, poder desfrutar da gastronomía local nalgún restaurante da localidade e, á noitiña, poder tomarlle un viño e cear nalgunha terraza.

    Non sei se vostede coñece realmente como son estes vehículos, pero asegúrolle que non son almacéns nin bodegas andantes, e como vostede debería supoñer, cando se rematan os poucos víveres cos que viaxamos, nalgún establecemento temos que reabastecernos, sexa supermercado ou tenda local. E a isto debemos engadir a adquisición de artesanía ou produtos gastronómicos que traemos con nós á volta para os nosos familiares e amigos ou para desfrute propio. E, en moitas ocasións, visitando pequenos pobos ós que non se achegan eses outros turistas dos que vostede fala no seu artigo. Así gastamos os nosos cartiños alá onde viaxamos. E iso sen falar dos negocios onde mercamos, os talleres ós que acudimos, as gasolineiras que visitamos... Pode que se os autocaravanistas xuntaramos todos os recibos de gastos ó longo do ano máis de un se daría conta dos beneficios de termos en consideración.

    Por último dúas cuestións. Por unha banda, en canto á “estupenda zona de aparcamiento y esparcimiento en Salgueiriños” non será tan estupenda cando logo a califica, con gran acerto, de “desangelada”. Por outra, estou dacordo con vostede en que hai que diferenciar claramente entre “aparcar” e “acampar”, e son dos que cree que deberíase sancionar aos que incumpren a normativa da DGT 08/V-74, pero o que non é lóxico é que o concello de Santiago pretenda sancionar ás autocaravanas que estean perfectamente aparcadas ao igual que poida estar calquera outro vehículo, sexa no campus, ou en calquera lugar, xa que para iso pagamos os impostos municipais correspondentes.

    05 ago 2020 / 01:01
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.