Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os desafíos da supervivencia

    NUN mundo no que as cousas deliberadamente inestábeis son materia prima para a construción de identidades necesariamente inestábeis, compre estar en alerta constante; pero por riba de todo hai que protexer a propia flexibilidade e a velocidade de readaptación para seguirmos as cambiantes pautas do mundo de afora. España transita dende os complexos tempos da súa historia nunha serie de varias crisis superpostas que están poñendo en tensión o réxime xurdido da artificiosa transición posfranquista: crisis económica, territorial e sociopolítica. O movemento dos indignados e a reactivación da dinámica política en Cataluña son dúas expresións deste novo escenario.

    E a isto súmase o fin do bipartidismo e a emerxencia dunha extrema dereita que procura posicionarse por fora do Partido Popular que a viña sostendo pese a tódolos pesares. O novo Goberno progresista do PSOE coa barbarie de 777 asesores e 22 ministerios en coalición con Podemos, inédito na democracia española, enfróntase así a innumerábeis desafíos, entre eles os da súa propia supervivencia.

    Como afirmou nos últimos tempos Thomas Mathiesen, a poderosa metáfora do panóptico de Bentham e Foucault xa non representa a maneira na que funciona o poder. Mathiesen sinala que temos pasado dunha sociedade estilo panóptico a outra estilo sinóptico: invertéronse os papeis e agora moitos dedícanse a observar a uns poucos (Thomas Mathiesen,The viewer society: Michel Foucault’s Panopticon revisited, en: Theoretical Criminalogy).

    Os espectáculos ocupan o lugar da vixilancia sen perder o poder disciplinario. Nestora a obediencia ao estándar tende a lograrse por medio da sedución, non da coerción... e aparece baixo o disfrace da libre vontade, en troques de se revelar como unha forza externa dos gobernos para si e non para a cidadanía, e se ocultaba embaixo da aparencia externa e superficial; actualmente o ser artificialmente reanimado polos esforzos conxuntos que Paul Atkinson e David Silverman denominaron a sociedade da entrevista (que usa as entrevistas para promover o persoal, o eu íntimo) e de gran parte da investigación social de hoxe.

    Atkinson e Silverman observan esa práctica. Nas ciencias sociais, non se revela a identidade recompilando a problemática común, senón promovendo intereses biográficos. O desexo de revelación e as revelacións do desexo proporcionan unha aparencia de autenticidade, aínda cando a posibilidade mesma de autenticidade é o que está cuestionado.

    Numerosos estudos demostran que os relatos persoais son meros ensaios de retórica publica que certos medios destinan a representar verdades subxectivas. Máis a inautenticidade desa personalidade supostamente autentica está encuberta por espectáculos de sinceridade: os rituais públicos de entrevistas profundas e de confesións públicas entre os que os chat-shows (faladoiros) abundan pero non son únicos exemplos. En fin, dígase que mal estamos a andar entre o fraccionamento antidemocrático e a pluralidade gobernamental.

    01 nov 2020 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito