Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os gobernos pluralistas

    A composición do Goberno de Pedro Sánchez veu ser a de maior número de ministerios e secretarios de Estado da democracia, contando con 22 membros (entre 4 vicepresidencias, carteiras e secretarías estatais con carteira do goberno) máis o presidente, entre os que contan a metade de mulleres, e que a converteron na meirande da Unión Europea (parece ser que con Suecia), e á súa vez na primeira coalición dende a II República hispana e da ditadura franquista, logo xa non se encontra precedente en ningunha das Lexislaturas anteriores.

    O presidente destacou a “singularidade” do primeiro goberno de coalición desde a Restauración da democracia, máis subliñou que a pluralidade do gabinete está detrás dun “firme propósito de unidade, o Goberno vai camiñar nunha mesma dirección, con varias voces, máis unha única palabra”.

    Toda a ampla masa dos deputados actúa exclusivamente como séquito do ou dos leader que compoñen o gabinete, e os sigue a cegas entrementres teñan éxito. A actuación política réxese sempre polo principio do pequeno número, ou sexa, o da superior capacidade política de manobra dos pequenos grupos dirixentes.

    Doutra banda, nembar-
    gantes, só el brinda a garan-
    tía de que a responsabilidade fronte á colectividade descansará nunhas persoas concretas, mentres que de residir nun conglomerado gober-nante con moitas testas desaparecería por completo. Na democracia auténtica é onde se pon iso de manifesto.

    Pola experiencia ata o de agora, os políticos elixidos para o seu cargo por referendo popular resultan ben en dous casos: un, na confederación cantonal local onde se dá unha poboación estábel que se coñece entre si; e dous, aínda que non con reparos na elección do máis alto representante político da nación nun Estado de masas.

    As deficiencias referentes ao procedemento de selección dos dirixentes políticos mediante recrutamento a cargo dos partidos, que son as mesmas que, evidentemente, se dan en toda organización humana, foron propagadas modernamente. Os móbiles da conducta persoal dentro dun partido son tan pouco idealistas exclusivamente como os habituais intereses de quen compiten no seno dunha xerarquía de políticos por subiren nun posto e conseguir prebendas.

    Na grande maioría dos casos son intereses persoais do individuo os que entran en xogo. O que máis importa por riba de todo é que eses intereses humanos, a miúdo demasiado humanos, actúen de tal xeito que, cando menos, non rematen por impedir, precisamente, unha selección das persoas dotadas das calidades de mando.

    Máis isto poderá ocorrer nun partido unicamente cando os seus líderes, no caso de se alzaren co trunfo, lles agarde como premio o poder e a responsabilidade no Estado, tan só entón será posíbel. Agora ben: un Parlamento que traballa é un Parlamento que intervén no control permanente da administración, vixiando o cumprimento da lexislación vixente e impedindo as derivas do poder.

    En fin, que esa única palabra non remate por levarnos a unha ou varias crises de Goberno.

    04 abr 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito