Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os modernos escribas

    Os programadores son hoxe os modernos escribas, aqueles amanuenses que copiaban esforzadamente os textos, pero que estaban moi ben valorados social e profesionalmente. Os programadores teñen soldos en aumento, non lles falta traballo e ata poden realizalo en calquera lugar do mundo e para calquera lugar do mundo. De feito, o máis probable é que comecen cobrando máis que un profesor ou investigador na universidade española. O soldo dun programador júnior en España é duns 35.000 euros. Se é sénior pode chegar facilmente aos 80.000 euros. Son referencias medias para o conxunto do país, con diferenzas importantes, iso si, segundo a empresa, o lugar de traballo, a experiencia acumulada ou a linguaxe e contorna de programación que sexan requiridos para o oficio.

    Pero o mesmo que os escribas foron desprazados pola invención e expansión da imprenta, as cousas están a cambiar tamén no mundo do deseño de software. Existen xa plataformas para desenvolver aplicacións sen ter que programar. Trátase do chamado “NoCode”, que permite construír programas realmente complexos, en ocasións sen escribir nin unha soa liña de código. É suficiente con ensamblar pezas de código preconstruidas e obter así o programa que necesitamos. Non serve para todo, nin evita na maioría dos casos ter que escribir parte do código a man, pero abarata e acelera enormemente o deseño de software. Gartner cifrou en máis de 13.000 millóns de dólares o mercado do NoCode en 2021, e prevé que poida alcanzar os 187.000 millóns en 2030.

    Pero isto non é todo. Hai un paso máis na creación automática de software, e é que a máquina invente pola súa conta as liñas de código que correspondan ao problema que se aborda. Para iso úsanse modelos de linguaxedunha gran complexidade e tamaño, que aprenden a partir de cantidades de textos igualmente enormes. Do mesmo xeito que este tipo de modelos de linguaxeúsanse para traducir entre linguas ou para xerarautomaticamente textos sobre un tema dado, permiten taménxerar software. Neste caso aprendendo de millóns de liñas de código escritas por nós, os programadores humanos. Un exemplo é o modelo “OpenAI Codex”, capaz de escribir software nunbo número de linguaxes de programación, incluíndo algúns tan populares como JavaScript, Perl ou Ruby. 

    Outro exemplo é AlphaCode, da empresa DeepMind, a mesma que creou o programa AlphaFold, capaz este de predicir a forma tridimensional das proteínas. Non hai moito tempo probouse a capacidade de AlphaCode para escribir código usando unha plataforma de programación moi popular nas competicións nas que se pon a proba a destreza humana neste empeño. AlphaCode probouse nunha decena de retos e as súas respostas estiveron entre o 54,3% mellor. O resto eran todos programadores humanos. É un resultado asombroso, e máis se temos en conta que non se trata só de implementar o código, senón que en ocasións é necesario inventar antes o algoritmo que dá solución ao problema exposto.

    Non sei se por descoñecemento ou por pensamento ilusorio, pero adoita argumentarse que quen vive de programar non terá que preocuparse polos avances na automatización da programación, xa que, igual que se seguen demandando hoxe traxes a medida e roupa personalizada, aínda que hai décadas que o mundo vístese “prêt-à-porter”, sempre serán necesarias as persoas para certos labores de programación. Non o poño en dúbida. É máis, non podemos falar aínda de nada que poida substituír completamente aos programadores humanos, e nin sequera se está a pensar en facelo definitivamente no futuro. Pero, de igual modo que a confección de roupa a medida é hoxe algo case anecdótico no sector téxtil, o deseño de código sen a asistencia das máquinas ten os días contados. E iso suporá prescindir de moitos postos de traballo.

    Non quero xerar ningún tipo de ansiedade no colectivo de informáticos, nin sequera entre os que se dedican a programar, cos que ademais estou totalmente identificado. Sendo realistas, estamos moi lonxe da automatización intensiva na construción de software e os retos polo camiño serán maiúsculos. Iso si, nada facía prever aos escríbas que o seu futuro tiña os días contados.

    20 nov 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.