Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Pacto PSOE-Unidas Podemos-Bildu sobre a reforma laboral

    Moito se ten opinado nos medios estes dias sobre o pacto dos partidos que forman parte da coalición do goberno español con e.h.bildu sobre a reforma laboral.

    Se ben é certo que isto xa se tiña firmado no acordo de goberno e cos partidos que votaron a favor da investidura anteriormente, agora escenificouse con Bildu.

    Co Bloque Nacionalista Galego xa se tiña asinada a reforma laboral en xaneiro, no acordo de investidura.

    Agora, parece ser, que o que mais importou deste acordo tripartito foi a expresión “integra”. Tema, penso eu, baladí, para organizar tanto debate.

    José Bono dixo polo televexo que a il lle constaba que nun primeiro momento Pedro Sánchez non era coñecedor diste acordo, que finalmente foi asinado polas responsabeis dos tres grupos parlamentars en Madrid. Pero podemos fiarnos das manifestacións de Bono cando todos vimos como na sesión parlamentar onde se votou a ultima prorroga do Estado de alarma a voceira de Bildu mais o Presidente do goberno falaban públicamente referindose a iste acordo?.

    No goberno houbo diferentes declaracións de varios ministros e ministras respecto o pacto da reforma laboral. As mais siñificativas foron as do vicepresidente Pablo Iglesias e as da vicepresidenta Nadia Calviño.

    Calviño, din, que foi a que obrigou ó PSOE a facer a súa posterior nota aclaratoria e Pablo Iglesias dixo que o que vale é o acordo asinado en si mesmo e non a nota aclaratoria.

    Alguén podería chegar a pensar que dentro do PSOE hai xente que quere normalizar a vida políica en Heuskal Herria abrindolle a E.H.Bildu as portas a participar dela codeandose esporadicamente cos partidos que forman a coalición do goberno do Estado.

    Transcurrido un tempo mais que prudencial dende que non existe violencia en Euskal Herria, pode que algunha xente do PSOE pense que é momento de que sexa expresada isa normalidade nas institucións.

    De todos os xeitos sabemos tamén que hai xente dentro do PSOE que non esta dacordo con ista forma de actuar, entre elas Bono que o dixo públicamente.

    Con Unidas Podemos estaba claro xa anteriormente que non tiñan problemas de interactuar politicamente con E.H.Bildu. E en Bildu tampouco habian moitos inconvintes; maxime cando houbo presos vascos que aplaudiron a aparición de Podemos na vida politica española, vendo a ista organización de ambito estatal como unha oportunidade para facer avances na situación dos presos vascos.

    Outro tema siñificativo que tivo consecuencias deste acordo tripartito foi o posicionamento da CEOE (Confederación Española de Organizacións Empresariais) erguendose da mesa co goberno e paralizando calquera posibilidade inmediata de pacto social; isto penso eu que é temporal xa que non me imaxino a unha CEOE sen querer influir nun futuro en posibels acordos sociais.

    Os sindicatos españois CC.OO. e UXT tampouco viron moi positivo o pacto dicindo que xa existia un dialogo social entre eles a patronal e o goberno o respecto do tema da reforma laboral, e que iste acordo viña a paralizalo unha vez fora aplazado pola crise da Covid-19.

    A verdade e que ista reacción de CC.OO e UXT a min doume a impresión de que istes sindicatos españois non estan moi pola labor de darlle protagonismo os acordos políticos sobre o tema e que o que queren é “chupar camara” eles; e ser eles os que cheguen a un acordo ca patronal e co goberno que logo poidan rendabilizar diante dos seús afiliados e da masa social á que mobilizan.

    Temén hai quen opina sobre iste acordo entre o PSOE, Unidas Podemos e Bildu que dentro do PSOE hai quen quere abrir un camiño politico en Heuskal Herria que lles permita poder pactar nun futuro, tanto co PNV mais con Bildu.

    A realidade é que o pacto da moito para analizar e nos próximos meses veremos as consecuencias que ten nunha Heuskal Herria que o próximo 12 de xullo ten eleccións autonómicas o igoal que a Galiza.

    31 may 2020 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito