Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Pardiñas, santuario da cultura 40 anos

    o festival de pardiñas, en Guitiriz, cumpriu 40 anos o pasado verán. Promovido pola asociación cultural Xermolos, que dirixe Alfonso Blanco Torrado, converteuse nun “santuario de natureza e música”.

    Iniciouse no tempo do bravú, con Xurxo Souto e a súa banda de Os Diplomáticos. “Fun a Parga e Guitiriz/Guitiriz e máis Teixeiro/ Fun a Parga e Guitiriz/hoxe fun ó mundo enteiro”, cantou a banda de Xurxo Souto.

    Logo acudiron a concentración multitudinaria en Pardiñas, a primeiros de agosto o gaiteiro Pepe Baamonde e Susana Seivane. O primeiro adicou traballos á auga, ó vento e a terra. Misturou o son da súa gaita con frautas e acordeóns e creou ‘Intro Terra’.

    Outras voces que pasaron por Pardiñas, festival cheo sempre de tendas de campaña, foi Uxía Senlle. Compartiu escenario con Xurxo Souto cando a desfeita do ‘Prestige’. A cantante porriñesa ten unha ampla proxección internacional con concertos en Alemania, Portugal, Argentina e Cuba.

    Kevin, de ‘Immaculate Fools’,ó igual que Xurxo Souto, Susana Seivane, Mero, Miro Casabella e outros fíxeronse presentes na vida de Xermolos e do Festival en varias ocasións. Actuou en 1990 e 2002. Esta banda naceu en Londres.

    Mención a parte ten Antón Reixa que fundou os Resentidos con Alberto Torrado e Xavier F. Soto. No disco recopilatorio ‘Made in Galicia’ recolle os seus mellores temas: ‘Fai un sol de carallo’, ‘Galicia canival’ ata ser un referente na movida e nas artes dos 70.

    Xosé Manuel Pereiro estivo no Festival de Pardiñas en moitas ocasións. Fundou con Manuel Rivas e Manu Chao a revista ‘Bravú’, nunha das achegas máis completas para coñecer a cultura galega, con temas de Xurxo Souto.

    Na percusión, unha música libre saída do sentido do ritmo, con panderetas e axóuxeres, destacou Sito Cariacedo.

    En fin Pardiñas expandiu durante 40 anos a cultura galega en tódolos eidos. Hoxe sería un movemento vangardista como foi Nós ou as publicacións de artistas exiliados: Castelao, Seoane, Maside, etc. É unha cita ineludible na primeira semana de agosto. Larga vida, noraboa a Alfonso Blanco e aos seus colaboradores.

    28 jun 2020 / 02:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito