Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Poder local

    As localidades ( povos, cidades ou municipios ) están gobernados polos concellos (alcaldes e concellais). O concello é o goberno máis cercano aos cidadáns e é por iso que estes son os encargados de facilitarlles a vida os seus veciños.

    Nos pequenos concellos non é donde se fai a “gran política” pero son as veces os asuntos da “pequena política” os máis importantes para a veciñanza. Enlazamos esto con o tema do ártigo do derradeiro domingo donde falaba das barreiras arquitectónicas.

    Hai moitos concellos no rural e nas cidades de Galiza donde o PP leva gobernando dende o principio da democracia ininterrumpidamente e se é verdade que últimamente se están a facer sendeiros en lugar de beirarruas e accesos aos locales que dependen do concello e incluso se están a ofrecer axudas para a accesibilidade a entidades privadas ou domicilios particulares, tamén o é que se precisan remodelar moitas das obras feitas noutras épocas (poño como exemplo as beirarrúas no meu pobo Camporrapado e en todo o concello) que son auténticas barreiras arquitectónicas que hai que ir sorteando coma se de unha carreira de obstáculos se tratara co conseguinte risco para a nosa integridade.

    Recordemos que en 6 meses hai eleccións municipais e este debería ser un tema no que pensar, tanto os nosos políticos dende os concellos coma toda a veciñanza a hora de emitir o seu voto.

    Hai moito que mellorar neste e outros problemas.

    27 nov 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito