Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ponte o pano

    En Irán, o pasado 16 de setembro, Mahsa Amini, de 22 anos, morreu baixo custodia da Policía da Moral logo de ser detida por non levar ben posto o pano, amosando parte do seu cabelo. Dende esa data, manifestacións de protesta que involucran a todos os sectores da sociedade se veñen sucedendo en case todas as cidades do país lideradas polas mulleres sobre as que recae unha opresión insoportable. Como reacción, o goberno islámico responde cunha forte represión que causou xa centenas de mortes e milleiros de detidos, así como convocando concentracións de apoio ao réxime dos aiatolás e á lei islámica despois do rezo dos venres.

    Segundo o clérigo Esmail Pahlevan, en declaracións a Axencia Efe: “Deus ordenou que as mulleres leven o hiyab”. Cousa polo visto, coa que todos deben comulgar, baixo ameaza de morte, da morte de Amini no cárcere despois de ser detida, e das mortes por disparos ás/os manifestantes que protestan nas rúas reclamando dignidade e liberdade, e pedindo a fin da opresión da muller.

    26 oct 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito