Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Por ti, por min, por todas: Día contra a violencia de xénero

    O pasado 25 de novembro foi o día contra a violencia de xénero. Durante casi todo o mes de novembro na residencia donde eu estou houbo carteis alusivos a este día e os traballadores e traballadoras levaban camisetas con frases reivindicativas. É unha forma máis de mostrar que este é un problema que nos afecta a todos e a todas.

    Todos coñecemos persoalmente a mulleres que sufren ou sufriron violencia de xénero por parte das súas parellas e incluso por parte das súas fillas ou fillos.

    É necesario defender a igualdade entre homes e mulleres. Non sei que podemos ter os homes na nosa cabeza para exercer este tipo de violencia.

    Os datos son escalofriantes. Dende o 2003, que foi cando se comenzaron a recadar datos, van 1167 mulleres mortas e máis de 360 nenos orfos. No que vai de ano son 37 as mulleres mortas.

    Que pensaríamos se este número de mortes fora causado pola violencia terrorista?

    Pois é moito peor porque estas mortes son causadas polos que deberían ser os compañeiros de vida de estas mulleres.

    Esta violencia afecta as mulleres polo só feito de ser mulleres. E esta é de todo tipo, física e psicolóxica, sexual, moral, económica, de discriminación social, educativa, laboral, de abusos, trato degradante, ...

    O maltrato é perxudicial sobre todo para a muller que o sofre e a súa familia que teñen que sufrir as consecuencias da actitude do maltratador; pero por extensión para toda a sociedade xa que nos fai consentidores e complices de esta lacra social.

    Ten que ser tarefa de todas e todos acabar con estos crímenes vergoñentos e para iso debemos de educar os nosos nenos e xóvenes. Os adolescentes están normalizando dende o control as súas parellas esta violencia. Hai relación tóxicas que hai que terminar con elas canto antes.

    Dende a familia, os centros educativos e de lecer, os concellos, as institución e toda a sociedade temos que decir Basta!. Temos que berrar ben alto pola igualdade.

    Homes e mulleres somos compañeiros de vida non de morte.

    04 dic 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito