Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Que vai pasar hoxe?

    Hoxe temos unha cita nas urnas para votar os deputados que formarán a cámara parlamentar galega, e de onde sairá a nova ou novo (ou o mesmo) presidenta.

    Este día de votación temos dúas incognitas. Ou sae escollido presidente o mesmo que xa tivemos tres lexislaturas e once anos, ou sae unha presidenta ou presidente do cambio galego. Se sae Feijóo, este, de completar a súa cuarta lexislatura, plantaríase gobernando quince anos.

    Só un home estivo gobernando a Xunta da Galiza catro lexislaturas e dazaseis anos, este foi Manuel Fraga Iribarne.

    Fraga pasou a súa vida sendo un político profesional, de ser ministro de Franco a fundar AP e logo o PP, ser eterno candidato á presidencia do goberno español ata que viu (ou viron outros) que era tarefa imposibel e marchou de eurodeputado para logo vir gobernar a autonomía galega e rematar os seus dias de senador español.

    Feijóo é membro dese Partido Popular que fundou Fraga, ese partido politico que sae de onde todos sabemos.

    A outra posibilidade que pode ocorrer hoxe é que haxa un goberno na Xunta de cambio galego. Está a decirse que o Bloque Nacionalista Galego vai ter un ascenso espectacular podendo incluso ter máis votos que o PSdG-PSOE. E tamén hai posibilidades que entre o BNG, o PSdG-PSOE e máis a confluencia galega de Podemos haxa unha maioria suficiente para ter un novo goberno de cambio na Galiza.

    No caso de que esta última hipótese fora cumprida habería unha posibilidade de que por primeira volta na Galiza tivésemos unha muller presidenta e ademais nacionalista.

    Aos que nos gustaría que houbera un cambio galego estamos moi ilusionados en que isto poida ser posíbel, pero non hai garantías de que ocorra. Dependerá dos resultados finais da votación de hoxe e sabemos que tamén hai posibilidades de que Feijóo continúe á fronte da Xunta.

    É por iso que é tan importante para todos que haxa unha gran mobilización de votantes, que a cidadanía non quede na casa, porque o resultado de hoxe non o saberemos ata cando se conten todos os votos.

    Sempre é importante a mobilización dos electores, pero hoxe se cadra máís.

    Decidimos se temos un goberno continuista ou se temos un goberno de cambio galego con posibilidades de ter unha muller nacionalista na presidencia da Xunta.

    12 jul 2020 / 00:30
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito