Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Saúde, pandemias, vacinas e autismo (II)

OS centros residenciais para persoas maiores e con TEA, os mais vulnerables, e que precisan dunha profunda reflexión, debate e propostas mais urxentes, en función das novas normativas en curso da Xunta de Galicia, de cara o seu regulamento futuro. É viable unha des institucionalización das residencias, e como habería que abordala? Como potenciar os coidados, a través do cada vez mais importante papel das coidadoras e coidadores?

As faltas de previsión, as carencias sanitarias, o negacionismo, o control político e social ou a propia xestión da pandemia xa estaban presentes a principios do s. XX. Edgar Morin (1921...), cumpriu mais de 100 anos, é antropólogo, sociólogo e filósofo da contemporaneidade, e creador do denominado “pensamento complexo”. No seu libro Changeons de voie. Les Leçons du coronavirus, 2021, nos comenta que: “a irrupción da covid-19, provocou unha catástrofe sanitaria, sombría e alarmante, no medio dunha crise política, económica, social e nacional planetaria e cunha relación entre países e individuos. Todo o que parecía separado resultou realmente inseparable. A degradación da nosa biosfera, a crise da civilización e a globalización, comportan un novo paradigma, o da dor e o caos”. Estamos condenados a reflexionar sobre as nosas vidas, sobre a nosa relación co mundo e sobre o propio mundo. O poscovid-19 será o tempo que inquietante portador de esperanza?

As grandes epidemias parecían estar relegadas a Idade Media, pero non foi así. Xurdiu de novo a nosa fraxilidade e a nosa precariedade. O home xa non é o mestre, nin o posuidor da Natureza. Canto mais a degrademos, mais degradaremos as nosas vidas. Podemos mitigar a dor e retardar a morte polo envellecemento, pero nunca poderemos eliminar os accidentes mortais. A pandemia, déixanos unha serie de incertezas, sobre a orixe dos virus, a súa propagación, a súa mutación, aos seus tratamentos, métodos de confinamento, corentenas, vacinas e secuelas non só físicas ou psíquicas, senón económicas, sociais, nacionais e políticas.

A pandemia púxonos en relación coa morte, moi presente co sufrimento dos seres queridos, a imposibilidade de acompañamentos nos fixo saber de cantas cousas superfluas tiñamos o noso arredor, optando polo esencial fronte o inútil, a calidade pola cantidade, o durable o efémero. Reflexionamos sobre unha civilización consumista, a un individualismo cada vez mais egoísta.

O confinamento, supuxo un espello das desigualdades sociais. Non todo o mundo tiña residencias secundarias, para escapar das cidades, nin os apoios estaban dispoñibles para as persoas que vivían soas. Por outra banda, que necesarios eran os repartidores de víveres, mantemento, mais ca calquera campión olímpico.

A ciencia estivo condicionada pola hiper especialización, que permite o compartimento de saberes en detrimento dunha medicina sistémica. Os ecoloxistas, os científicos e os epidemiologos, indicaron que a des regulación dos ecosistemas, a bio diversidade, a circulación dos homes, as polucións rurais e urbanas favoreceron a emerxencia do virus, así como a súa propagación. Non hai a menor dúbida que a globalización ten un efecto sobre as epidemias e favorece a dispersión do virus.

A crise nacida da covid-19 pon de releve a comunidade no destino de tódolos seres humanos e do planeta Terra. Os desafíos despois da covid-19, indícannos que a crise sanitaria, sempre vai acompañada dunha crise política e económica, nada fácil de medir na súa profundidade nin na súa duración; crise alimentaria mundial prevista e a crise social a través do aumento dos parados e traballadores en precariedade.

Unha vez pasada esta crise, reemprenderemos a vida estresada, gardando iso si o gusto pola lentitude, o traslado a pe, ter tempo para case que todo e fundamentalmente subordinar o principal, o noso propio decaemento e a nosa ligazón afectuosa cos demais.

Puidemos desfrutar de praceres ata entón abandonados ou substituídos por outras cousas superfluas, como foi o caso de ler unha novela que tiñamos agochada, ver unha película que nunca tiñamos tempo de desfrutala, escoitar música ou simplemente parolar co veciño de mil e unha cousas ben interesantes e agradables.

09 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito