Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Servizo de axuda no fogar( SAF )

    A maioría dos nosos maiores ou persoas con algunha discapacidade tanto física coma psíquica desexan vivir na súa casa o maior tempo e sempre que sexa posible.

    Cando esto non é posible son necesarios centros públicos, residencias, centros de día, pisos tutelados, ... donde estén coidados e atendidos adecuadamente.

    Pero moitas de estas persoas poderían vivir nas súas casas, coas súas familias, sempre e cando tiveran o suficiente apoio.

    En Galiza temos o Servizo de Axuda no Fogar( SAF ). Este servizo estivo de folga durante casi todo o mes de novembro. As súas reivindicacións eran por un convenio digno e xusto que non fixera máis precario a este sector. Pedían incremento de soldo, aumento dos cobros por quilometraxe, traballar a xornada completa ou unificar horas, mellores condicións laboráis a través de axudas técnicas, mellor organización do traballo (concentrar os servizos por proximidade para non ter que recorrer grandes distancias en pouco tempo entre servizo e servizo ), 8 días de asuntos propios, desconexión dixital, .... Como se ve todas reivindicacións moi lóxicas e necesarias. En resumo condicións de traballo xustas.

    Pensemos que estas traballadoras( nelas incluimos tamen os traballadores pero sabemos que é este un sector moi feminizado o 90% son mulleres ) son as que están o coidado dos nosos seres máis queridos, que sin elas as mulleres non poderían acudir aos seús traballos, e sí digo as mulleres porque, non nos engañemos, ainda a día de hoxe os coidados aos dependentes recaen sobre as mulleres.

    Que pronto nos esquecemos de que este era un sector esencial durante a pandemia!.

    O SAF é un servizo público para atender as persoas dependentes no seu domicilio, financiado con cartos de todos e por iso a Xunta de Galiza e tamen responsable das lamentables condicións laboráis e salariais destas traballadoras. Os cartos para este servizo saen dos petos de tódolos cidadáns.

    Esta axuda non se pode ver coma un negocio donde as empresas se enriquecen a vez que as súas traballadoras se empobrecen.

    Existen diferencias tanto de traballo coma de salarios entre os concellos. Depende do concello en que se traballe para que as condicións de traballo sexan mellores ou peores e o mesmo pasa cos soldos. Son os concellos tamen responsables de estas traballadoras porque este servizo está privatizado e se lles están dando cartos a empresas privadas para que fagan ben o seu traballo e teñan condicións dignas para as súas traballadoras xa que os concellos non son capaces de dar este servizo.

    Toda esta problemática estivo silenciada durante moitos días polos medios de comunicación. E xusto decir que foi a eurodiputada de BNG Ana Miranda a que levou estas rivindicacións ao Parlamento Europeo e a deputada tamen do BNG Olalla Rodil a que defendeu a estas traballadoras no Parlamento de Galicia.

    Recordemos que son estos servizos os que lles están a facilitar a vida ós nosos maiores, os nosos familiares dependentes e a todos nós que sen eles nos sería moito máis difícil o noso día a día.

    11 dic 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito