Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
a michel houellebecq, ensaísta, poeta e novelista

espertaremos nun mundo igual, ou un pouco peor

Poucas cousas me gustarían máis que aplaudirlle a súa folla de ruta para a desescalada no ensino, dona Carmen, pero non a entendo, sonlle sincero. Non entendo que o 17 de abril criticase, con razón, a deixación de funcións do Gober-no central nas súas competencias exclusivas para establecer un protocolo racional e que evite desigualdades entre autonomías na evaluación, promoción e titulación do alumnado, e que dez días despois asinase un acordo absolutamente confuso para liquidar o curso. E menos entendo aínda que non teñamos un protocolo para a volta ás aulas, en setembro, e que esteamos atrapados nos caprichos do becho mentres non chega a bendita vacina.

Queixouse Fernando Lacaci, presidente de Anpas Galegas, de que as familias quedaron igual que estaban antes dese acordo, precisamente porque as normas son calquera cousa menos claras, e resumiu a frustración do sector nunha frase que soa coma un disparo: “Non merecemos este desastre de gobernantes”. Vai ter razón o señor Lacaci.

As decisións de Isabel Celaá cheiran a improvisación, a abuso da política de proba/erro. E as súas, conselleira, buscan botar balóns fóra, pasarlle a patata quente ao Executivo de Pedro Sánchez. Non me parece, dígollo sen acritude e sen pór en dúbida a súa vontade de arranxar os problemas, o xeito eficaz de xestionar un dos piares que sosteñen o noso Estado de Benestar.

Tal como o vexo, señora Po-mar, aquí chegou o Comandante Coro-navirus e mandou parar. Instalámonos no medo, cando non no pánico, e confinámonos sen horizonte de futuro, resignados ao silencio dos cordeiros, xusto a peor receita para o sector educativo. Non entendo que nos crucemos de brazos como se non houbese máis solución que agardar. A que?

Estou por apostar a que o presidente da Xunta, o seu xefe, comparte as reflexións proactivas de líderes empresariais –Ignacio Rivera, de Estrella Galicia, é un– e de deportistas exemplares –Rafael Nadal, lenda do tenis, é outro– que animan a combater a pandemia reinven-tándonos. Fronte á resignación, a reinvención debería ser o fárma-co social para saírmos desta. Si, dona Carmen, niso é no que debería estar a traballar xa o ensino galego, con vostede na primeira liña. Fronte ao carrusel de improvisacións da ministra, toca que Gali-cia saiba propoñer solucións ima- xinativas e realistas, porque se algo precisa o sector é preparar o novo curso dende o territorio das certidumes. Nisto non teñen sitio as dúbidas nin as ocorrencias nin poñerse de perfil. Saúdos cordiais.

A MICHEL HOUELLEBECQ, ENSAÍSTA, POETA E NOVELISTA

Espertaremos nun mundo igual, ou un pouco peor

Foto: JUAN HERRERO
Foto: JUAN HERRERO

Fago esforzos para crer aos apóstolos da nova normalidade, que nos din que desta pandemia imos saír mellores, máis solidarios, con valores alumados pola ética, pero chega Javier Sampedro, rigoroso e escéptico periodista científico, e alértanos de que esqueceremos o pesadelo no minuto exacto no que teñamos a vacina; chega Donald Trump, distópico presidente dos Estados Unidos, e recéitanos inxeccións de desinfectante en vea; chega José Miguel Giráldez, un luxo do columnismo matrio, e prevennos de que o medo creceu coma unha planta carnívora nos nosos corazóns.

E chega vostede coa súa sentenza demoledora na radio pública France Inter: “Non espertaremos, tras o confinamento, nun mundo novo. Será igual, ou un pouco peor”. Aí me rindo, señor Houellebecq, e gardo o optimismo para mellor ocasión, se dá chegado, porque se algo aprendemos das pandemias que sufriu e superou a humanidade ao longo da historia é que non saímos mellores, que ben nos chega con adaptarnos para sobrevivirmos, que tiramos cara a diante porque o instinto de supervivencia levámolo gravado a lume no noso ADN como especie.

Di e di ben, don Michel, que o covid-19 o que si fai é acelerar algúns cambios que estaban en proceso, principalmente no que ten que ver coa utilización das tecnoloxías –niso coincide dalgún xeito con Harari e o seu retrato dun mundo gobernado polos algoritmos da intelixencia artificial–, pero que no fundamental todo vai seguir igual.

A catarata de reflexións que apuntan a que nada vai ser como antes, cando saiamos desta, soa –sóalle a vostede, tamén a min– a divagación benintencionada, pero que, ai!, pouco ten que ver coa realidade. Siga con saúde.

SIC TRANSIT GLORIA MUNDI

Teresa Ribera, vicepresidenta para la Transición Ecológica, en El País: “Creo que hemos estado en la gama alta de éxito y en la gama baja de errores (...) Incluso algunos países del mundo han tenido a sus líderes recomendando beber lejía”.

Lo más normal es que un miembro del Gobierno, de cualquiera, defienda el trabajo que hace ese Gobierno. Le va en el sueldo, al fin y al cabo. Y podemos compartir con la señora Ribera que el de Espa-ña se esfuerza. Cuestiones distintas son las rectificaciones continuas, la escasa seriedad y la poquita autocrítica. Por no hablar de la unilateralidad a lo Juan Palomo.

Rafael Nadal, tenista, en La Vanguardia: “Hay que buscar el equilibrio y proteger al máximo a la gente, pero pensando que tampoco podemos morirnos de hambre. Debemos ser prudentes, pero activarnos dentro de los protocolos y reinventarnos. Es el momento de ayudarnos los unos a los otros, pero también de que la gente buena, con ganas de trabajar y emprender, triunfe”.

Habla siempre Nadal con la lección del sentidiño bien aprendida. También en esta pandemia, en la que ha sabido reforzar su escala de valores. Lo que quiere es lo que queremos todos, ni más ni menos, y por eso conectamos con él tan bien: recuperar la bendita normalidad cuanto antes, volver a vivir.

10 may 2020 / 00:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito