Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Tarefas pendentes do nacionalismo

    A manifestación do Día da Patria Galega foi máis unha vez un éxito para o nacionalismo galego e non era algo doado, tendo en consideración o parón que significou a pandemia, e o desprestixio e perda de peso político dos partidos, tanto no centro como na periferia do sistema, por mor da crise, do cambio climático, da desigualdade en ascenso, e dun modelo económico e social que está na súa etapa senil, algo que se nota especialmente na Unión Europea... Ademais os partidos e os medios sistémicos focalizan os actos do “Día Galiza” (para lle restara valor?... en todo caso ignorando o carácter nacional da autonomía, segundo o Estatuto). Daquela que tanto previamente como no Día da Patria galega poñan énfase nas celebracións relixiosas, nas cerimonias institucionais, e no mellor dos casos en temas da conxuntura. Ignorando o constante recuar de Galiza no PIB e no seu peso demográfico no Estado español, o abandono do rural, o peche de empresas, a exportación neta de capital e emigración cualificada, que as empresas máis dinámicas pertenzan a capital foráneo, etc..

    Sen dúbida axuda na capacidade mobilizadora doo BNG non só o seu bo traballo nas institucións, senón tamén, e fundamentalmente, a ligazón que ten o movemento nacional popular coas organizacións sindicais, sociais e culturais, algunha tan importantes como a CIG. Lembremos que está ultima é a maior central sindical da nación galega, tanto en número de afiliados/as, como de delegados e delegadas nas empresas, e salienta pola súa iniciativa e capacidade de mobiliación. E, aínda que non sempre a protesta e reivindicación vaia acompañada de accións de masas, a fronte nacionalista está presente acotío ao lado dos sectores máis golpeados, así como empurrando a prol das reivindicacións sociais máis sentidas.

    Porén, sería moi inocente e carente de experiencia pensar que estas potencialidades do nacionalismo vanse trasladar mecanicamente e coa potencia necesaria ao ámbito da loita das ideas, á formación da conciencia política, á mobilización masiva, e sobre todo a fortalecer a organización e representación institucional, e polo tanto acadar a hexemonía. O que implica non necesitar dun pacto de governo co PSOE, tendo en conta o que isto ten de hipoteca respecto das transformacións estratéxicas, dado seus compromisos sistémicos. Polo tanto, para este salto cuantitativo e cualitativo o nacionalismo galego necesita socializar os obxectivos e a folla de ruta, non abonda coa presenza na rúa e ter a iniciativa. Cómpre gañar a loita das ideas para mudar a correlación de forzas en todos os ámbitos, e dar un salto cualitativo na participación política das clases populares. Sen dúbida cada 25 de xullo, e tamén moi especialmente este, ao que milleiros de persoas de todos os recunchos do país se suman, axuda neste obxectivo. A masividade da mobilización constata que o nacionalismo galego, democrático e popular, conta cun poderoso exército de activistas que, aínda que sexa con distinto grao de entrega e militancia, desexan rematar coa dependencia, e queren unha República Galega, unha Galiza ceive con poder popular.

    08 ago 2022 / 23:59
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito