Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Unha aposta colonial

    ANTONTE daba conta este diario da constitución da Alianza Industrial Galega, que converterá a Galiza, segundo a Xunta, en “líder mundial” na produción de hidróxeno líquido. Preguntábase ECG se non será “o conto da leiteira”.

    Non. Está decidido: van converter a Galiza nun grandes exportador de hidróxeno renovábel, nunha aposta, clara e contundente, por acentuar o seu papel como colonia enerxética.

    Un novo espolio colonial!

    A Galiza asignáronlle o rol de produtor de materias primas. Entre as dúas máis destacadas, as celulosas e as enerxías.

    Pero as enerxías renovábeis, que van inzar montes e costas, non van ter un aproveitamento local, e, aínda menos, eficiente, como pasou coa hidráulica, senón que o negocio está en exportalas transformadas, aínda que se perda grande parte do seu potencial e valor, e o risco para o medio-ambiente, polas fugas, sexa grande.

    Segundo Antonio Turiel, converter a electricidade en hidróxeno, “e unha solución ruinosa enerxéticamente, pero é a única que atopou o grande entarimado empresarial do petróleo como saída para mudar simplemente a gasolina polo hidróxeno, ou mellor, polo hidróxeno e o gas natural, e que todo siga igual”.

    Segundo Frida Kienniger, son “os mesmos actores, as mesmas tecnoloxías, as mesmas divisións de poderes e recursos, a mesma dependencia, a mesma catástrofe para o clima e para a xustiza climática!”.

    Endesa, Iberdrola, Natrugy e Enagás, abalanzáronse, como voitres, sobre unha táboa de salvación para o oligopolio e o lucro a corto prazo.

    Como os montes de Galiza e o seu mar poden producir grande cantidade de enerxía eólica, construiremos plantas para producir hidróxeno, que necesita moita electricidade... E, logo, diremos que estas plantas necesitan moita electricidade para xustificar os parques eólicos inzando todo o país. Entre os propulsores desta Alianza Industrial Galega, están os sindicatos CC.OO. e UXT, faltaría máis!

    Alguén esquece que as eléctricas son a nai de todas as portas xiratorias!

    24 dic 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.