Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Unha proposta con moita miga

UN dos grandes retos da humanidade é atopar un punto de equilibrio entre a mobilidade necesaria, a curta, media e longa distancia, reducindo o consumo de enerxía e logrando que esta sexa a menos contaminante e perigosa (estou pensando tanto nas que consumen materia fósil como nas centrais nucleares, e mesmo nos materiais necesarios para a constituír células fotovoltaicas e aereoxeradores).

Ademais, seria un erro analizar esta cuestión especifica da produción de
enerxía por separado do tipo de produción de bens e servizos, da forma de vida, e mesmo da densidade demográfica e organización do territorio, porque todo incide, e o mundo ten limites en moitos destes aspectos.

Non se pode obviar que este é un problema mundial, mais o grao de respon-
sabilidade non é igual para todos os países. As potencias teñen unha responsabilidade moi superior, comezando por aquelas que foron hexemónicas no proce-so de industrialización e/ou o son na globalización neoliberal. Ao que cómpre ter en conta o ritmo dos cambios, o tipo de folla de ruta, tanto a nivel global, como rexio-
nal e en cada territorio, para que o proce-so sexa asumido a nivel teórico e práctico pola humanidade.

Non lle resto valor ás decisións que se teñen tomado en organismos específicos da ONU sobre o tema, mais o súa posta en práctica deixou ao descuberto que houbo máis imposición do relato que procura do consenso e garantir os medios. Unha cuestión na que as grandes potencias teñen unha responsabilidade que non poden eludir, máxime nun mundo con
tanta inxustiza no reparto da riqueza,
cunha crise ecolóxica tan grave, e onde medra a desigualdade.

Dito o anterior, porque o marco no que se levan adiante os proxectos sempre son básicos, a proposta que fai o deputado do BNG Néstor Rego a respecto da construción dunha vía de ferrocarril Compostela-Lugo, coido que forma parte desta construción dunha mobilidade máis eficiente, menos contaminante, e que axuda a un desenvolvemento harmónico da nación galega. Neste camiño están tamén débedas históricas como son a mellora da conexión de Vigo con Porto, de A Coruña a Ferrol, a que vai desta cidade a Xixón.

Mesmo debería un plan que estendese a o sistema conectando tanto Coruña como Compostela coa Costa da Morte, Lugo con Viveiro ou Ribadeo, e por suposto Ourense con Braga. En poucas palabras cómpre un plan para transformar Galiza nas vindeiras dúas décadas que dea prioridade a unha mobilidade colectiva axeitada, que abranga todas as comarcas do país, e que garanta unha boa conexión non só coa Costa Norte da Península e a Meseta, senón con Portugal que é un gran importante socio comercial. Neste ultimo caso ademais temos un saldo positivo, co que isto implica como entrada de capital e xeración de emprego para Galiza.

Non podemos seguir construíndo as vías de comunicación no país só en función da nosa relación periférica con Madrid e a Unión Europea. Partindo desta base nunca deixaremos de ter un papel subordinado na cadea de valor, agás nalgún caso moi especial, mais que non muda a dinámica xeral.

E nesta cuestión o ferrocarril é esencial (tendo en conta os custes e a contaminación do automóbel, camións, avións...), daquela que a prioridade, máxime nesta conxuntura na que a globalización neoliberal está a rachar por todas as bandas, sexa a construción e/ou renovación das vías internas para mellorar a integración do país, potenciar a produción e consumo interno. Polo que estariamos moito menos expostos á confrontación entre potencias, á especulación financeira, e a inmensa cobiza das corporacións e grandes fortunas.

A proposta de Nestor Rego ten moita miga, cando se analiza no contexto, e o papel que queremos para o povo galego, e polo tanto impulsamos.

15 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito