Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vai de cine

    CANDO Xosé fala de cine sempre utiliza o termo industria cinematográfica, nunca a do Sétimo arte, pois aínda que ten bastante de artista é un produtor. Como tal correspóndelle acadar os fondos para financiar as películas e xestionar todo o necesario para sacalas adiante dende o berce ata o final, debendo decidir cuestións do más variadas.

    Cando encarga ou chega ás súas mans un guión que cre pode ter éxito, comeza o seu traballo, empezando por revisalo co guionista inicial ou outro para melloralo. As películas que más interesan hoxe, sobre todo, son as comedias e os dramas, seguidas das de horror e ficción ou fantasía.

    Dende que decide facer unha película ata o seu estreo poden pasar case dous anos, pois ten que buscar os inversores, contratar o director e os actores, decidir os lugares onde se rodará, etc. Para organizalo soe utilizar unha parede na que colga un longo papel onde escribe os pasos a seguir día a día durante varios meses e cadralo todo: datas e lugares da rodaxe cos actores cadrando os seus compromisos, viaxes, vestiarios...

    Hai series nas que a produción de cada capítulo ten un custo de dez ou 15.000.000 de euros. A rodaxe en lugares paradisíacos e distantes é moito máis custosa que facelo en interiores; habendo actores que cobran medio millón de euros diarios que compensa que actúen nalgún papel secundario polo público que atraen. O traballo do director so comeza cando todo está disposto e calendarizado e, aínda que podería facer algunha recomendación, empeza a rodar sobre o preparado polo produtor. A rodaxe non se realiza como aparecen cronoloxicamente as escenas, senón en función dos lugares onde se roda para non ter que volver a estes.

    Na rodaxe o director din onde se pon cada actor, poñéndose unhas marcas indicativas onde se ten que pór cada un; e roda ata que considera que as tomas son axeitadas. Finalmente hai a montaxe, na que o director no intervén. Para unha hora de película, polo xeral, hai que rodar dez, non servindo as restantes.

    A película española máis taquillera foi 8 apelidos vascos. No estranxeiro foi un desastre, por tratarse doutra cultura. En Padre non hai máis que un 3, que ten lugar no Nadal, non aparecen os Reis Magos para que poida entenderse fora.

    O seu traballo obriga a Xosé a viaxar bastante, sobre todo a EEUU e México; tendo aprendido a aguantar situacións límite en canto á financiación porque sempre hai alguén que inicialmente participaba e finalmente retírase. A un que deu o OK fora de prazo díxolle que xa non era posible participar, agás que pagara o 20% do total da película da subvención perdida. Para Xosé o cine tamén é arte, pero sobre todo, unha industria.

    15 oct 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito