Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Vida e democracia

Mintindo sobre o poder que eles mesmos exercen, ás veces case caciquil, moitos intelectuais seguen enchendo o seu peito cos supostos valores universais da democracia. De cotío todos nós temos na boca as verbas internacional, global, interdependencia, consenso... Por baixo, porén, corre a vella lei da fuerza persoal, militar, política ou económica. E isto tamén ocorre no sagrado campo da cultura. Freud sería mundialmente coñecido se fora portugués? Sylvia Plath o sería se nacese en Badajoz? Se Víctor Erice, Uxío Novoneyra ou Marcelo Barros foran parisinos a súa proxección mundial sería abafadora. Non é o caso. Baixo corda, ocultas líñas de coacción deciden o curso dos mercados, tamén na feira da opinión. Presumimos de ser libres, pero imos aos mesmos sitios e consumimos marcas simétricas, sexan maioritarias ou minoritarias. Sobre todo, non nos atrevemos a pensar nada seriamente distinto nas cuestións candentes que polarizan á opinión pública. Sexa en canto ás cuestións de xénero, ao cambio climático ou á pandemia do Covid, coidámonos moito de non desentoar do dictado masivo.

O medo a non encaixar mantennos apretados. Mesmo os partidos situados no extremo do sistema político con frecuencia diferéncianse só en matices da líña principal. A propia figura do intelectual disidente está en dúbida, pois case todos queremos saír na foto maioritaria, aínda que sexa baixo a bandeira dunha minoría recoñecida. Nunha cuestión tan complexa como a recente invasión rusa, poucos intelectuais encontramos que se atrevan a expresar en alto unha posición distinta á que marca a corrección europea e estadounidense. O dictado dos expertos, autorizados por non se sabe que formación de altura, ten sustituido ao pensamento. Cando por en riba oímos que a filosofía, a literatura ou o psicoanálise, só poden medrar “en democracia”, o diagnóstico é para morrer a rir. Que é hoxe a democracia, como fórmula máxica universal, máis que un emblema na carreira militar e económica das nacións occidentais? Que é entre nós, se mesmo para decidir sobre a saúde persoal temos que consultar ao labirinto normativo do estado? Que é unha democracia cuando nos aforra pensar e decidir persoalmente, abrindo comunidades distintas? Francia, Bélxica e Holanda acusaron a España, durante os anos nos que arreciaba a ofensiva de ETA, de ser unha democracia imperfecta. Agora nós facemos o mesmo con Marruecos e México, non digamos con Venezuela, China ou Rusia. A chamada primeira democracia do mundo ten sido acusada de crímenes de lesa humanidade en múltiples iniciativas militares, pero esto non chegará a uns altos tribunais creados a imaxe e semellanza de Occidente.

Porén, queda algo un pouco máis inquietante. Supoñendo que existira algo así como unha democracia verdadeira nalgunha parte do mundo, e non un dictado feroz da economía recuberto con formalidades retóricas, por debaixo desa hipocresía pública podería ser democrática a vida común? Tendemos a convertir o “menos malo” dos réximes políticos nunha nova encarnación de Deus, coa conseguinte lista de inimigos que se poden executar moralmente. Non obstante, sin saír dun mesmo, a existencia no é democrática. Pídeme permiso o meu inconscente, negocia conmigo cando e como interrumpir a vixilia da miña concencia? Peor aínda, escollín eu nacer, o meu nome, o meu carácter e a cor dos ollos? O ser humano atópase sempre en medio dun fondo natal, non elexido, ao que hai que dar forma e palabras. Pretender outra cousa e querer “enmendarlle a plana” á singularidad vital, implica confundir a relatividade do político co absoluto intransferible no que se debaten as existencias, esta “misión secreta” (Lispector) que é a vida de cada individuo e de cada cultura. A ambición dunha orde espectacular que tape a sombra non democrática que acompaña ao vivir fainos cada día más infelices. E máis rencorosos.

01 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito