Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
rumorosos

Virá algo tralo AVE?

    emprego Cando a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) era unha auténtica patronal e os conselleiros de Manuel Fraga tiñan peso propio e falaban con autonomía, como o responsábel do ramo Xosé Cuiña, a reivindicación das infraestructuras modernas de conexión coa Meseta eran unha constante que espoleara como ariete o líder de Esquerda Galega Camilo Nogueira

    Primeiro, non sin tirapuxas entre Fraga e o ministro Javier Sáenz de Cosculluela do Goberno presidido polo socialista Felipe González, puxéronse en marcha nos primeiros anos noventa do século pasado os dous viais: Autovía Rías Baixas (A-52) entre Vigo, Ourense, Benavente e Madrid; e Autovía do Noroeste (A-6) entre A Coruña, Lugo, Benavente e Madrid.

    A envergadura da iniciativa foi un motor de emprego na comunidade durante máis dunha década. Cando chegaban ao seu fin a patronal estaba moi preocupada polo baixón que se podía producir sin nada alternativo no horizonte.

    E, entón, nos primeiros anos do presente milenio, xurdiu o proxecto do tren de Alta Velocidade, ocupando a Moncloa o popular José María Aznar e periclitando xa Fraga a fronte da Xunta.

    Este luns, o rei Felipe VI, o presidente do Goberno de España, o socialista Pedro Sánchez, e o titular da Xunta, o popular Alberto Núñez Feijóo, entre outras autoridades, farán o percorrido oficial de inauguración do AVE entre Madrid e Galicia. Chega no 2021. A primeira liña de España, de Madrid a Sevilla, abriuse no 1992 con motivo da Expo Universal. Preparouse algo de calado que construia país tralo AVE? Di algo a patronal? Lástima que non esté operativo Camilo Nogueira. xaime leiro

    17 dic 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito