Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Vivir na nube

    DENDE que Brais se meteu no mundo dixital ata o nariz, parece outro. Ata ese momento sempre podías contar con el para calquera cousa. Xa fora para tomar unha pizza, facer unha etapa do Camiño ou arranxar a moto. Pero dende que decidiu meterse nel sen límites, xa non está para ninguén. Ao principio se escusaba, pero agora nin sequera se molesta en facelo. Elixe o silencio por resposta e seus amigos non entendemos nada.

    Os primeiros síntomas da súa escapada a ese mundo facíanos incluso graza, pero agora tenos preocupados. Prefire xogar un partido de tenis na pantalla cun tailandés para subir postos no ranking, que xogar un de verdade como antes. Mergúllase horas en facebook e instagram, como se fóralle a vida niso. O dixital quitounos a Brais da nosa vida de golpe, como se fora sido tragado por un trasgo ata o fondo da terra.

    A última vez que tomamos unha ca-
    ña con el nunha terraza, Brais estaba sen estar. “Pero Brais –diciámoslle–, deixa o whatsapp un rato e escoita. Cóntanos como che vai todo”. Pero, nada. Que se unha mensaxe, que se outra, como se de non miralas puidera perder a oportunidade de obter un contrato blindado nunha gran empresa ou darlle
    un infarto. A súa resposta foi decepciónante. “É que é un amigo que me achega mensaxes continuamente. De non ser el, nin as miraba. Perdoade, contestoulle nun momento e siléncioo”.

    Estar en Babia ou nas nubes é distinto que estar instalado na nube. Cando nunha conversa te acordas dun doente ou dun problema laboral e despístasche, non significa que o que che están contando non che interese. Denota que o que causou que, involuntariamente, desconectases, tenche moi preocupado; sen que signifique que non che importe o outro.

    Vivir na nube, en cambio, é diferente. Íllache de tal maneira que todo o que
    está fóra dese mundo, sinxelamente,
    non che interesa.

    Cando o mundo virtual é o real conviven todo son ganancias. Tes máis información, máis recursos e máis capacidade para moverte no segundo. A cousa cambia, pola contra, cando o virtual suplanta á realidade. Adiccións aparte, que son un suplicio, racha ou debilita os teus vínculos sociais, e convérteche nun outsider (persoa de fóra, estraño) do mundo que pisas e do que formas parte.

    A última broma que lle gastamos a Brais foi que senón despedía a Alexa, a súa asistenta virtual, ía a perder a noiva. Proporciónalle tal cúmulo de cousas (series, música, xogos, resolución de dúbidas...), que xa non é capaz de separarse dela nin un segundo. Brais, dixémoslle: “Aínda que Alexa sexa un dispositivo moi potente, non sente nin quere e nunca derramará unha bágoa por ti... Queremos –e necesitamos– que volvas e a túa noiva tamén”.

    17 abr 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito