Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Voltar a Galicia

    Enchín os poros de todos e cadaún dos sentimentos. Sentir Galicia, o noso país, as raigames, o ser e a ialma, cativa e máxica, grande e nobre. Non hai país semellante porque só os galegos sabemos como sentir a nai terra. Todo o demás é sobreira, lamacenta, luída por un tempo miúdo e catódico. Silencio. Como alí onde conflúen nunha beleza sen par os ríos Cabe e Sil, onde o brúo das iaguas e o sons agarimoso das miles de follas que abaten os albres forman una harmonía sen par nin parangón.

    É Galicia, é a Ribeira Sacra cos seus centos de recunchos que cáseque ninguén coñece e onde é difícil atoparse con alguén. É o Lugo interior, tan virxe i enxebre como o Lugo mariñeiro, nun ano onde hai ringleiras e ringleiras de turistas. Cabemos todos. Galicia é pais cas portas abertas, malia a responsabilidades é de todos e de cadaquén.

    Perdínme polos outeirais nebracentos de certas mañás co rompe-lo abrente xorden máxicos e místicas ate ca forza das raiolas do sol compoñen unha partitura de beleza única. Baixei polas ladeiras de Lóuzara, esa Lóuzara xabreira que tanto cantou o sempre lembrado Fiz Vergara, o poeta de Santalla, e alí estiven este domingo, polo seu roteiro de arte e luz, acabando no vello muíño, e dende alí o pobo das miñas raigames, da lingua e do sangue patricial, apenas xa sete casas, alí onde os devanceiros viviron, sentiron, amaron e finaron. Pero non escribo o nome, deixémos vivir entre centos de castiñeiros e carballos, entre penedos matriciais e o brúo do vento, as xentiñas que alí están.

    Esa Galicia nosa, perdida pero atapada a cada intre na ialma e no sentimento, onde o reloxio, o vello reloxio das nosas vidas se detivo ou semella deterse na memoria dun tempo sen tempo. Alí, onde outros antes ca nós camiñaron, soñaron, sentiron e viron esmorecer súas vidas ate atopar o senso único que a morte supón para a vida.

    Lexo no xornal que nunha vila cativa do Caurel, ou Courel como uns e outros pronuncian i escriben, pecharon restaurantes polo río de persoas que ateigan a zona. Hai medo, hai preocupación. O virus segue a golpear malia o silencio gubernamental. Alcaldes fan o que poden, e os grandes heroes da resistencia primeira, os sanitarios, alertan, ó tempo que piden fondos e medios e non aplausos nin premios.

    Os políticos seguen na hamaca mañaneira e na tapa do solpor. Sen ideas. Non todos. Algúns non se quitaron os traxes nin as mentes de traballar. Sobor de todo os que están na primeira liña atinxidos e atendendo as demandas dos cidadáns. Pasaron factura nesta eleccións. Premiaron o esforzo e a xestión. Pero o compricado, logo de tantos delores e dóos en soedade, ven agora, cando o espellismos das vacacións se dilúa debagutadamente.

    Voltei a Galicia dende ese Madrid diferente e inhóspito que se humanizou polo virus coma endexamáis o fixo, agás cando en 2004 aquelas malditas bombas estouraron e nos espertaron da letarxia. Nunca me fun, porque un galego nunca se vai, non se poder ir. E voltaría sempre e voltarei. Estou listo.

    Quédame agora esa outra parte de min, e do meu ser, Ourense, Esgos, Niñodaguia onde están esa outra parte dos meus, onde está o pai, onde están os outros avós, os meus, os nosos, o que cadaquén sente na ialma e punza no corazón. Porque a Galicia sempre voltamos i estamos e queremos estar e voltar.

    14 ago 2020 / 00:15
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.