Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

A conselleira de Medio Ambiente, en corentena por contacto cun positivo en covid

Ángeles Vázquez anulou este luns á primeira hora toda a súa axenda pública.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, deberá gardar corentena por manter contacto cunha persona diagnosticada con covid-19.

Fontes da Xunta consultadas por Europa Press ratificaron que a conselleira atópase ben, pero ten que gardar corentena. Este luns á primeira hora Vázquez anulou toda a súa axenda pública.

"Por contacto cunha persona positiva en coronavirus, debo gardar a corentena antes de retomar a miña axenda pública", trasladou na súa conta da rede social Twitter.

Vázquez é a segunda conselleira do Executivo autonómico que se ve obrigada a illarse por contacto cun positivo en coronavirus.

Previamente, o pasado mes de setembro, foi o titular de Educación, Román Rodríguez, o que anunciaba que tiña que gardar corentena após o contacto cun positivo na súa contorna persoal.

SANTIAGO. EUROPA PRESS

19 oct 2020 / 12:42
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.