Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Alarma aos alcaldes da costa a primeira fin de semana na fase 1

Demandan “prudencia” e apelan ao “sentido común” de veciños e posibles visitantes

Galicia foi unha das comunidades que, tras cumplir cos criterios sanitarios, avanzou xa o pasado luns no proceso de desescalada orquestado polo Goberno de Pedro Sánchez. De modo que encara a partires de hoxe o primeiro fin de semana nun contexto de restricións máis liviáns, na que por exemplo acudir a segundas residencias está permitido, sempre e cando esta se sitúe na mesma provincia do domicilio habitual, e pernocten alí.

Será un fin de semana de moi bo tempo, cunhas previsións que indican que o domingo en A Coruña se alcanzarán os 24ºC, mentres que en Ferrol os meteorólogos predín máximos de 27 grados . E é que o anticiclón que se asentou no día de onte na comunidade traerá consigo un tempo case estival.

Ambos feitos teñen provocado preocupación en moitos concellos da costa galega, cuxos rexidores pediron “prudencia” e apelan “ao sentido común” tanto dos seus veciños como de visitantes de cara ao fin de semana ao considerar necesaria a concienciación para “seguir avanzado”. E é que tras o acontecido a semana posterior ao decreto do estado de alarma, cando en numerosas vilas da costa galega se detectou a presenza de numerosos forasteiros que tiñan acudido as súas segundas residencias. Agora existe medo a que se repita unha situación similar.

Neste sentido se pronunciou no día de onte o alcalde socialista da vila de Ares (A Coruña), Julio Iglesias, quen recordou a necesariedade da colaboración cidadana xa que “agora xa se permite acudir a unha segunda residencia e mesmo ás terrazas de hostalería”, polo que apela “á responsabilidade de todos para poder superar esta situación”.

Deste xeito, instou a que toda a cidadanía manteña as medidas de seguridade, como o distanciamento social, xa que, na súa opinión, “tal e como están exposta a actual normativa é moi complicado impedir o movemento das persoas”. Neste sentido, Iglesias lembrou que é necesario que “non se paren en grupos, e que transiten coa distancia de seguridade necesaria, en definitiva, que sexan responsables”.

Vilas como a de Ares realizaron un esforzo co obxectivo de manter a tranquilidade veciñal. “Temos a todos os reforzos xa contratados”, manifestou o rexedor en alusión aos axentes da Policía Local que tiñan previsto traballar durante o verán e que, segundo indicou, “velarán porque se manteñan as medidas de seguridade”. Pola súa banda, o rexidor de Valdoviño, Alberto González (PSOE) destacou que xa ten ordeado á súa Policía Local a reforzar controis de estrada nos accesos á vila.

Con todo, a maioría das vilas máis turísticas, trátanse de pequenos concellos que destacan a súa dificultade para examinar que se cumpran todas as normas.. Por iso apelan á responsabilidade civil de veciños e visitantes para cumplir coas restricións presentes aínda na fase 1 da desescalada.

Entre os veciños de vilas arousanas como Sanxenxo ou O Grove existe malestar neste senso. Tras sofrir o xa nomeado desembarco de visitantes tras o decreto do estado de alarma, expresan agora o seu recelo. “Paréceme mal que os de aquí non se movan, e veñan de fóra a moverse”, ditaminaba unha veciña.

··· O Instituto Armado comezou a reforzar os controis de tráfico por orden do delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada.

··· Os axentes da Garda Civil de Tráfico posicionáronse no día de onte na fronteira galega con Castela e León e está previsto que manteñan os controis ao longo do fin de semana para garantir o cumplimento das restricións da fase 1.

15 may 2020 / 20:40
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito