Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
adianto. Nos municipios con menos de 10.001 habitantes e menos de 100 h/km2, xa se aliviaron onte as restricións // Paseos a maior distancia e bares ao 40% TEXTO P. Hermida

Aperitivo da Fase 2 en case 260 concellos

Con toda unha sorpresa se atopaban este venres os concellos de menos de 10.001 habitantes e unha densidade inferior aos 100 h/km2. Unha nova orde publicada no Boletín Oficial do Estado aliviaba nestes municipios as restricións do estado de alarma polo coronavirus. Deste xeito, os paseos xa poden realizarse por todo o termo municipal ou mesmo por outro concello (sempre que non se superen os cinco quilómetros no entorno do domicilio)... e con todos os membros da familia. Tampouco se aplican desde este venres as franxas horarias, algo que xa acontecía cos concellos de menos de 5.000 habitantes. E bares e restaurantes xa se abriron no seu interior, sen poder superar o 40% da súa capacidade nin empregar as barras... pero dando vida máis alá das terrazas. En Galicia están nesta situación case 260 municipios, desde este venres.

De todos modos, o delegado do Goberno recalca que é responsabilidade da Xunta decidir sobre cales destas poboacións imperará a liberdade horaria. Segundo Javier Losada, a Xunta debe indicar en que concellos se aplica desde o venres a orde ministerial. E de paso, pide aos veciños que usen máscaras e respecten as distancias de seguridade. A maiores, o Diario Oficial de Galicia publicaba unha nova orde de Medio Rural. Autorízanse os desprazamentos dos titulares de parcelas para a limpeza tanto dos montes como das faixas de protección contra incencios. Os conductores terán que levar unha declaración responsable. Medio Rural tamén autoriza mercados de gando en toda a comunidade, baixo o protocolo de seguridade contra a covid-19.

Este alivio supón a flexibilización na desescalada. Os concellos galegos incluídos na orde do BOE pasan da Fase 1 a unha situación similar á Fase 2, que entra en vigor para toda a nosa comunidade autónoma o luns. A publicación chegaba de súpeto para os beneficiados, recibida como boa nova tras máis de dous meses de confinamento.

Bares, cafeterías e restaurantes destes entornos con menos de 10.001 habitantes xa pudieron ocupar o 40% do seu interior, pero mantendo as pautas de protección contra o coronavirus: máximo dez persoas por mesa ou agrupación, distanciamento social, constantes pautas de hixiene e desinfección. Así aconteceu no Concello de San Sadurniño, con establecementos que aproveitaron ese aperitivo da Fase 2 como o café bar Del Palacio. Segundo indican desde o concello, “o anuncio do BOE causou certa sorpresa para ben en Del Palacio, que este venres retomou a actividade na terraza”. Este local abriu como habitualmente ás 06.00 da mañá, con servizo só no exterior: “E dúas horas despois, tras revisar a publicación oficial, tamén permitiu a entrada da clientela nun local con menos mesas das habituais e coa barra clausurada”.

En canto aos paseos, os menores de 14 anos xa poden saír con todos os convivintes no mesmo domicilio (sen límite de tres menores cun adulto). E as camiñatas non quedan a un quilómetro da casa. A distancia amplíase a todo o concello onde se resida, ademáis de aos limítrofes: sempre que se atopen a cinco quilómetros do domicilio, e que teñan as circunstancias de poboación inferior a 10.001 habitantes e densidade menor de 100 h/km2.

que continúa prohibido? A pesar desa previa da Fase 2, que continuará prohibido nestes concellos? Nun comunicado, San Sadu-rniño explica as pautas que poden empregarse con carácter xeral: “Cómpre recordar que segue en vigor a prohibición de coller o coche ou o transporte público para ir dar unha volta a outro municipio, algo que nos últimos días moita xente pasou por alto aquí”. Segundo indica este concello, “a raíz das xornadas de sol e calor foi habitual ver aparcados vehículos nas inmediacións do paseo fluvial e noutros lugares, como por exemplo os puntos de inicio das rutas de sendeirismo”.

En canto ao consumo no interior do local e segundo a orde ministerial, “só poderá realizarse sentado en mesa, ou agrupacións de mesas, e preferentemente mediante reserva previa... en ningún caso se admitirá o autoservizo en barra por parte do cliente, e estará permitido o encargo no propio establecemento de comida e bebida para levar”.

22 may 2020 / 23:26
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito