Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Arteixo, Viveiro e Xinzo pecharán a hostalaría e suspenderán actividades non esenciais

Suprímense as competicións do deporte federado agás as de ámbito estatal // Dispáranse os datos de incidencia acumulada nas grandes cidades

Este es la plantilla de ECG
12:02 h.

Agora mesmo a Xunta non contempla crear hospitais de campaña

    O conselleiro de Sanidade di que agora mesmo non está enriba da mesa a posibilidade de habilitar hospitais de campaña en Galicia

    Este es la plantilla de ECG
    11:49 h.

    Sanidade, a favor de adiantar o toque de queda

      O conselleiro manifesta que a Xunta está a favor de adiantar o toque de queda e remite ao que dispoña o Ministerio.

      Este es la plantilla de ECG
      11:47 h.

      12.000 probas diarias en Galicia

        Galicia está realizando na actualidade 12.000 probas diagnósticas diarias, PCR nasofaríonxeas ou de saliva, e test de antíxenos que están nos servicios de urxencias e nos Puntos de Atención Continuada (PAC).

        Este es la plantilla de ECG
        11:41 h.

        Entrada en vigor das medidas o xoves

          As medidas tomadas entrarán en vigor, unha vez publicadas no DOG, na noite do mércores ao xoves, é dicir, ás 00:00 horas deste xoves.

          Este es la plantilla de ECG
          11:40 h.

          Daranse instrucións para o uso de vestiarios de ximnasios

            O conselleiro indica que se darán instrucións específicas para o uso, nos lugares nos que se poida, dos vestiarios dos ximnasios.

            Este es la plantilla de ECG
            11:37 h.

            O deporte federado pode competir no ámbito estatal, o resto suspéndese

              No deporte federado mantéñense as competicións de ámbito estatal, tanto de xogo como entrenamentos. No resto de deportes federados suspéndense as competicións. Os entrenos serán dunha persoa ou dun máximo de catro.

              Este es la plantilla de ECG
              11:35 h.

              As medidas especiais en Arteixo, Viveiro e Xinzo

                Medidas especiais en Arteixo, Viveiro e Xinzo. Suspensión de actividades non esenciais. Peche completo da hostalaría, que só poderá servir a domicilio. Pecharán ximnasios, xogo, actividades culturais ou sociais, espectáculos e bibliotecas. Poderán funcionar os comedores escolares ou os de centros de traballo.

                Este es la plantilla de ECG
                11:31 h.

                Máis presión hospitalaria

                  Aumentan as chamadas ao 061, ata 4.000 diarias, o 18% correspondentes a COVID. Sobe a ocupación hospitalaria convencional, especialmente na Coruña, Ferrol e Ourense, e en críticos, especialmente na Coruña, Ferrol e Santiago. Tamén Pontevedra e Vigo sofren o incremento. Aumentan as urxencias.

                  Este es la plantilla de ECG
                  11:25 h.

                  Dispáranse os datos de incedencias acumuladas

                    As Incedencias acumuladas a 14 días van incrementándose de forma notable:

                    Santiago: de 334 a semana pasada a 555 actualmente

                    A Coruña: 302 a 509

                    Ferrol: de 295 a 410

                    Ourense: de 295,5 a 536

                    Vigo: de 200,8 a 309

                    Pontevedra: arredor de 300 actualmente

                    Vigo: de 115 a 161

                    En Pontevedra e Vigo os índices de positividade das PCR superan o 10%.

                    Este es la plantilla de ECG
                    11:19 h.

                    Máis cribados poboacionais con PCR e test de antíxenos

                      Sanidade está incrementando os cribados poboacionais utilizando as probas PCR nasofarinxeas e de saliva combinadas con test de antíxenos. 

                      Este es la plantilla de ECG
                      11:15 h.

                      Arteixo, Viveiro e Xinzo pecharán hostalaría e suspenderán actividades non esenciais

                        Hai concellos con incidencias acumuladas por riba de mil por cada 100.000 habitantes. Arteixo, Viveiro e Xinzo. Terán que facer un maior esforzo por esa situación. Son poboacións  de máis de 10.000 habitantes nas que haberá peche completo de hostalaría e suspensión de actividades non esenciais

                        Este es la plantilla de ECG
                        11:12 h.

                        Os concellos que se incorporan ao nivel máximo

                          Na área sanitaria de Santiago pasan a aplicar as medidas máis duras dez concellos: Ordes, Teo, A Baña, Negreira, Padrón, Rois, Dodro, Touro, Arzúa e Silleda. Outros doce concellos dos que pasan ao nivel máis alto pertencen á área da Coruña. Son Betanzos, A Laracha, Sada, Abegondo, Cabana de Bergantiños, Coristanco, Dumbría, Muxía, Oza-Cesuras, Sobrado e Vilasantar. Na área Ferrolá, engádese Cariño, Cedeira, Cerdido, Mañón, Moeche, Mugardos, Neda, San Sadurniño e Valdoviño. Respecto á área de Lugo, o comité decidiu onte propor o endurecemento de restricións en Burela, Cervo e O Vicedo, mentres que na a área de Ourense serán Celanova, Porqueira, Ribadavia, Trasmiras e Vilar de Santos. Súmanse así mesmo ás limitacións máximas, na área sanitaria de Pontevedra, A Lama, Catoira, Forcarei, Meis e Moraña. Finalmente, na área de Vigo quedan baixo as restricións máis duras Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, Arbo, A Cañiza, As Neves, Crecente, Mondariz e Salceda de Caselas.

                          Este es la plantilla de ECG
                          11:10 h.

                          Situación preocupante e de claro crecemento

                            O conselleiro, Julio García Comesaña, describe unha situación preocupante de claro crecemento. Recorda que un número importante de concellos (55) se incorporaron ao nivel máximo de restricións. Entre eles están Vigo e Pontevedra.

                            19 ene 2021 / 10:17
                            • Ver comentarios
                            Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
                            TEMAS
                            Tema marcado como favorito
                            Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.