Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Decreto da Xunta sobre as novas restricións

Decreto do 30 de outubro de 2020, do Presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas en determinados ámbitos territoriais da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do estado de alarma declarado polo Real decreto926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter apropagación de infeccións causadas pola SARS-CoV-2

I

A expansión do coronavirus COVID-19 ten xerado unha crise sanitaria sen precedentes recentes. Así, tras a elevación pola Organización Mundial da Saúde da situación de emerxencia de saúde pública pola dita causa a nivel de pandemia internacional, e a adopción, por algunhas Comunidades Autónomas como a galega, de medidas de prevención, polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, declarouse o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada porlo COVID-19; declaración que afectou a todo o territorio nacional, cunha duración inicial de quince días naturais pero que foi obxecto de sucesivas prórrogas autorizadas polo Congreso dos Deputados.

O levantamiento dese estado de alarma, non obstante, non puxo fin á crise sanitaria, o que xustificou a adopción de medidas, como as previstas, a nivel estatal, no Real decreto lei 21/2020, do 9 de xuño, de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, así como as medidas deprevención que foron adoptando as diferentes Comunidades Autónomas. En concreto, no caso da Comunidade Autónoma de Galicia, a resposta á crise sanitaria ten sido, fundamentalmente, ademais do mantemento da declaración de situación de emerxenciasanitaria efectuada polo Acordo do Consello da Xunta do 13 de marzo de 2020, a adopción, ao abeiro da lexislación sanitaria, ordinaria e orgánica, de medidas deprevención, tanto de carácter xeral para todo o territorio autonómico, como de maneira específica, a través de diferentes ordes da persoa titular da Consellería de Sanidade, en atención á evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria.

Polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, declarouse o estado de alarma para contera propagación de infeccións causadas polo el SARS-CoV-2. A dita declaración afectou atodo o territorio nacional e a súa duración inicial esténdese, conforme o disposto no seu artigo 4, ata as 00:00 horas do día 9 de novembro de 2020, tendo sido autorizada a prórroga polo Congreso dos Deputados ata o 9 de maio de 2020.

Conforme o artigo 2 do dito real decreto, para os efectos do estado de alarma, aautoridade competente será o Goberno da Nación. En cada comunidade autónoma e cidade con Estatuto de autonomía, a autoridade competente delegada será quen ostente a presidencia da Comunidade Autonóma ou cidade con Estatuto de autonomía, nos termos establecidos no real decreto. As autoridades competentes delegadas quedan habilitadas para ditar, por delegación do Goberno da Nación, as ordes, resolucións edisposicións para a aplicación do previstos nos artigos 5 a 11 do real decreto sen quepara iso sexa precisa a tramitación de procedemento administración algún nin será de aplicación o previsto no segundo parágrafo do artigo 8.6 e no artigo 10.8 da Lei 29/1998,do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-administrativa.

En concreto, no artigo 5 se contempla, como medida eficaz en todo o territorio nacional, coa excepción de Canarias, desde a entrada en vigor do real decreto, a limitación da liberdade de circulación das persoas polas vías ou espazos de uso público durante operiodo comprendido entre as 23:00 e as 6:00 horas, salvo as excepcións previstas no precepto, e coa posibilidade de que a autoridade competente delegada correspondente poida determinar, no seu ámbito territorial, que a hora de comezo da limitación sexa entre as 22:00 e as 00:00 horas e a hora de finalización da dita limitación sexa entre as 5:00 eas 7:00 horas.

E nos artigos 6 a 8 se contemplan medidas relacionadas coa limitación da entrada e saída de persoas nas Comunidades Autónomas e ciudades con Estatuto de autonomía, coa limitación da permanencia de grupos de persoas en espazos públicos e privados e coa limitación da permanencia de persoas en lugares de culto. As ditas medidas, conforme o disposto no artigo 9.1, serán eficaces no territorio de cada comunidade autónoma ou cidade con Estatuto de autonomía cando a autoridade competente delegada respectiva o determine, á vista da evolución dos indicadores sanitarios, epidemiolóxicos, sociais, económicos e de mobilidade, previa comunicación ao Ministerio de Sanidade e de acordoco previsto no artigo 13, non podendo ser a eficacia da medida inferior a sete díasnaturais.Polo demais, conforme o artigo 10, a autoridade competente delegada respectiva poderá modular, flexibilizar e suspender a aplicación das medidas previstas nos artigos 6, 7 e 8,co alcance e ámbito territorial que determine. Asímesmo, de acordo co artigo 11, poderá impoñer no seu ámbito territorial a realización das prestacións persoais obrigatorias que resulten imprescindibles no ámbito dos seus sistemas sanitarios e sociosanitarios para responder á situación de emerxencia sanitaria que motiva a aprobación do real decreto.

Respecto do rango e alcance do real decreto de declaración do estado de alarma e das súas eventuais prórrogas, conforme ten sinalado o Tribunal Constitucional, na súa sentenza 83/2016, do 28 de abril, estamos ante normas con valor de lei que establecen o concreto estatuto xurídico do estado de alarma, constituíndo tamén fonte de habilitaciónde disposicións e actos administrativos. Dispoñen, polo tanto, a legalidade aplicable durante a vixencia do estado de alarma, integrando en cada caso, xunto coa Constitución e a Lei orgánica 4/1981, do 1 de xuño, dos estados de alarma, excepción e sitio, o sistema de fontes do dereito de excepción que será de aplicación no concreto estado declarado, polo que son de obrigado cumprimento polos poderes públicos.

Non obstante, as medidas previstas no Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, non esgotan todas as que poden ser adoptadas para facer fronte á crise sanitaria. Neste sentido, como prevé expresamente o seu artigo 12, cada Administración conservará as competencias que lle outorga a lexislación vixente, así como a xestión dos seus servizos e do seu persoal, para adoptar as medidas que estime necesarias, sen prexuízo do establecido no real decreto.

Polo tanto, como destaca a propia exposición de motivos do real decreto, durante a vixencia do estado de alarma, as administracións sanitarias competentes en saúde pública, no non previsto nesa norma, deberán continuar adoptando as medidas necesarias para afrontar a situación de emerxencia de saúde pública ocasionada polaCOVID-19, con arranxo á lexislación sanitaria, en particular, a Lei orgánica 3/1986, do 14 de abril, de Medidas Especiais en Materia de Saúde Pública, a Lei 14/1986, do 25 de abril, Xeral de Sanidade, e a Lei 33/2011, do 4 de outubro, Xeral de Saúde Pública, así como na normativa autonómica correspondente.

II

Neste contexto normativo derivado do estado de alarma vixente, a evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria en determinados territorios da Comunidade Autónoma de Galicia impón a necesidade de adoptar medidas ao abeiro do disposto no Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, na condición de autoridade competente delegada que ostenta a presidencia da Comunidade Autónoma. Estas medidas deben entenderse sen prexuízo daquelas complementarias que se adoptan, con esta mesma data, por orde da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, e no que sexa compatible co presente decreto, coas medidas de prevención actualmente vixentes. Así mesmo, mantén a súa eficacia, ao non terse esgotado aínda, e no que sexa compatible con este decreto, a Orde do 21 de outubro de 2020, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, ratificada xudicialmente polo Auto 123/2020, do 23 de outubro, da Sala do Contencioso-administrativo (Sección 3ª) do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo da avaliación que de tales medidas deberá facerse no período máximo de catorce días naturais desde a súa publicación, conforme ao indicado no punto quinto da dita orde.

No que atinxe, polo tanto, ás medidas que, como autoridade competente delegada do estado de alarma, procede adoptar en determinados ámbitos territoriais da Comunidade Autónoma de Galicia, debe indicarse o seguinte.

O artigo 6.2 do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, prevé que a autoridade competente delegada que corresponda poderá limitar a entrada e saída de persoas en ámbitos territoriais de carácter xeográficamente inferiores á comunidade autónoma, coas excepcións previstas no artigo 6.1. Pola súa banda, o artigo 7 do mesmo texto normativo dispón que a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre, quedará condicionada a que non se supere o número máximo de seis persoas, salvo quese trate de conviventes e sen prexuízo das excepcións que se establezan en relación adependencias, instalacións e establecementos abertos ao público. A permanencia de grupos de persoas en espazos de uso privado quedará condicionada a que non se supereo número máximo de seis persoas, salvo que se trate de conviventes. No caso das agrupacións en que se inclúan tanto persoas conviventes como persoas non conviventes, o número máximo será de seis persoas. Tal e como se indicou antes, conforme o artigo 9, a eficacia desta medida nunha Comunidade Autónoma se producirá cando a autoridadecompetente delegada o determine.

Ademais, o artigo 7 contempla a posibilidade de que aautoridade competente delegada correspondente determine, no seu ámbito territorial, á vista da evolución dos indicadores sanitarios, epidemiolóxicos, sociais, económicos e de mobilidade, previa comunicación ao Ministerio de Sanidade e de acordo co previsto no artigo 13, que o número máximo sexa inferior a seis persoas, salvo que se trate de conviventes. Así mesmo, as autoridades competentes delegadas poderán, no seu ámbito territorial, establecer excepcións respecto a persoas menores ou dependentes, así como calquera outra flexibilización da limitación. Como se indicou anteriormente, na actualidade, a situación epidemiolóxica e sanitaria endeterminados ámbitos territoriais da Comunidade Autónoma de Galicia esixe a adopción de medidas ao abeiro dos ditos artigos 6, 7 e 10 do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro.

Tendo en conta a evolución da situación epidemiolóxica posta de manifesto nos informes da Dirección Xeral de Saúde Pública e tras escoitar as recomendacións o subcomité clínico reunido para estes efectos, procede a adopción, como autoridade competente delegada, das seguintes medidas ao abeiro do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro:

a) Limitación da entrada e saída de persoas, coas excepcións previstas no artigo 6.1 do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, no ámbito territorial de forma conxunta polos concellos de A Coruña e Arteixo, no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Pontevedra, Poio e Marín, no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Santiago de Compostela, Teo e Ames, no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Ferrol, Narón, Fene e Neda, no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Ourense e Barbadás, no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás, no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Verín, Oimbra e Vilardevós, así como nos concellos de Lugo, Vigo e Vimianzo.

b) Limitación da permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público e de uso privado, agás supostos excepcionais e xustificados, aos constituídos só por persoas conviventes, nos concellos de A Coruña, Arteixo, Lugo, Pontevedra, Poio, Marín, Santiago de Compostela, Teo, Ames, Vigo, Ferrol, Narón, Fene, Neda, Ourense, Barbadás, Verín,Oímbra, Vilardevós, O Barco de Valdeorras, en todos os concellos da comarca do Carballiño e no concello de Vimianzo.

Respecto da eficacia das medidas, as medidas previstas neste decreto terán efectos desde as 15:00 horas do día 30 de outubro de 2020. En aras dos principios denecesidade e de proporcionalidade, as medidas deberán ser obxecto de seguimento e deavaliación continua, co fin de garantir a súa adecuación á situación epidemiolóxica e sanitaria e para os efectos, de ser necesario, da súa modificación ou levantamento. En todo caso serán revisadas nun período máximo de 7 días. Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Sanidade, e na condición de autoridade competente delegada, por delegación do Goberno da Nación, conforme ao disposto nos artigos 2, 6, 7 e 10 do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo el SARS-CoV-2,

DISPOÑO

Primeiro. Limitacións da entrada e saída de persoas en determinados ámbitos territoriais

1. Queda restrinxida a entrada e a saída de persoas no ámbito territorial delimitado deforma conxunta polos concellos de A Coruña e Arteixo, no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Pontevedra, Poio e Marín, no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Santiago de Compostela, Teo e Ames, no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Ferrol, Narón, Fene e Neda, no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Ourense e Barbadás, no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás, no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Verín, Oimbra e Vilardevós, así como nos concellos de Vigo, Lugo e Vimianzo.

2. Quedan exceptuados da anterior limitación aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos seguintes motivos: a) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios. b) Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais. c) Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas deeducación infantil. d) Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar. e) Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade oupersoas especialmente vulnerables. f) Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de repostaxe enterritorios limítrofes. g) Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais. h) Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámitesadministrativos inaprazables. i) Realización de exames ou probas oficiais inaprazables. j) Por causa de forza maior ou situación de necesidade. k) Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

3. Non estará sometida a restrición algunha a circulación en tránsito a través dos ámbitos territoriais nos que resulte de aplicación a limitación prevista no número anterior.

Segundo. Limitacións da permanencia de grupos de persoas en espazos públicos ou privados en determinados ámbitos territoriais

A permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre, e en espazos de uso privado, quedará limitada aos grupos constituídos só por persoas conviventes, nos concellos de A Coruña, Arteixo, Lugo, Pontevedra, Poio, Marín, Santiago de Compostela, Teo, Ames, Vigo, Ferrol, Narón, Fene, Neda, Ourense, Barbadás, Verín, Oímbra, Vilardevós, O Barco de Valdeorras, en todos os concellos da comarca do Carballiño (Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea) e no concello de Vimianzo. Esta limitación non impedirá a reunión con persoas non conviventes que se produzan pormotivos de asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes ou persoas con discapacidade, ou por causa de forza maior ou situación de necesidade. Así mesmo, esta limitación non será aplicable no caso de actividades laborais, institucionais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais así como no caso de práctica de deporte federado, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentesprotocolos de funcionamento. Tampouco resultará de aplicación naquelas actividades previstas nas ordes da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade nas que se recollan medidas de prevención específicas para estes territorios respecto das cales se contempleexpresamente a posibilidade de que os grupos sexan de conviventes e non conviventes.

Terceiro. Eficacia, seguimento e avaliación

Este decreto terá efectos desde as 15:00 horas do 30 de outubro de 2020. En aras dos principios de necesidade e de proporcionalidade, as medidas deberán serobxecto de seguimento e de avaliación continua, co fin de garantir a súa adecuación á situación epidemiolóxica e sanitaria e para os efectos, de ser necesario, da súa modificación ou levantamento. En todo caso serán revisadas nun período máximo de 7 días.

Cuarto. Recursos

Contra o presente decreto poderá interpoñerse recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Supremo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, conforme os artigos 12.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2020

O Presidente da Xunta de Galicia

Alberto Núñez Feijoo

30 oct 2020 / 15:16
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.