Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Detectados 11 positivos no cribado realizado en Amio

Nel participaron unhas 6.230 persoas das 9.000 citadas polo Sergas

A área Sanitaria de Santiago e Barbanza detectou 11 positivos por Covid-19 no cribado realizado no recinto feiral de Amio durante a pasada fin de semana, no que había unhas 9.000 persoas citadas.

Segundo informou a área sanitaria compostelá, neste cribado realizado a pasada fin de semana na capital galega participou o 69,25 por cento das persoas convocadas ao test.

En concreto, unhas 9.000 persoas con cartón sanitario nos centros de saúde de Santiago e con idades comprendidas entre os 41 e 45 anos --excluídos os positivos en coronavirus e os que realizasen probas diagnósticas Covid nos últimos 15 días-- foron citados a participar neste cribado poboacional no recinto de Amio.

Por parte deste distrito sanitario explicaron que a selección da poboación realizada polo servizo de Medicina Preventiva e Saúde Pública da área obedeceu "a criterios de idade de maior prevalencia na cidade".

As probas foron realizadas o sábado 30 e o domingo 31, para o que se desprazou un equipo formado por 25 profesionais de enfermaría que foron as encargadas de tomar as mostras nasofarínxeas nos postos de extracción no recinto.

SANTIAGO. EUROPA PRESS

02 feb 2021 / 10:17
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.