Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Feijóo chama a atención sobre mozos e reunións familiares e apela á responsabilidade como "única vacina"

SANTIAGO. EP. O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, chamou a atención sobre a actitude dos mozos respecto das medidas impostas para conter a pandemia que, ao seu xuízo, tamén se incumpren en flas reunións familiares e de amigos, de onde saen "boa parte dos brotes" pois, segundo o mandatario, "reláxase" o uso da máscara e o mantemento da distancia de seguridade.

Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta celebrado este xoves na sede do Goberno galego no barrio compostelán de San Caetano, mostrou a súa "preocupación" polo "vivido nalgunhas cidades" na última semana co comezo do curso universitario. Así, lamentou que se producisen "festas en pisos" e que se detectasen bares nos que "non se respectaron" as medidas de seguridade. "Lamentamos estes comportamentos e pedimos que non se repitan", subliñou antes de matizar que se trata de "comportamentos illados" pero que "preocupan", especialmente en "algunhas cidades".

Tamén chamou a atención sobre as reunións familiares e de amigos, orixe, segundo Feijóo, "de boa parte dos brotes" pois "reláxase" o emprego da máscara e non se respecta a distancia de seguridade.

"O virus non entende de coñecidos nin de parentes", destacou o presidente autonómico, que puxo o acento en que "na actualidade" a única vacina que existe para conter o virus é a "responsabilidade", polo que instou aos galegos a non celebrar festas domésticas nin reunións familiares ou de amigos.

Todo iso despois de repasar as cifras da pandemia en Galicia, que presenta "os mellores datos" de España en incidencia acumulada durante o últimos sete e 14 días, o que o levou a sentenciar que Galicia "está a conter a pandemia".

"É moi pronto para saber se esta tendencia que levamos durante meses vai ser estable e real ou se por contra pode cambiar por condutas inapropiadas", engadiu antes de aseverar que "ter os mellores datos de España non debe consolar a ninguén" porque España "é o país cos peores datos de Europa".

01 oct 2020 / 19:03
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.