Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 25 septiembre 2021
07:58
h

Galicia rexistra 827 casos activos tras sumar outros 87

Hai 38 pacientes hospitalizados, 3 deles na UCI. O número de falecidos co covid é de 622

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 827, 87 máis que onte. Deles 463 son da área da Coruña, 57 máis, 84 da de Lugo, 4 máis, 54 da de Ourense, 5 máis, 45 da de Pontevedra, igual ca onte, 116 da área de Vigo, 8 máis, 45 da de Santiago, 4 máis, e 20 da de Ferrol, 9 máis.

Do total de pacientes positivos, 3 están en UCI, 1 máis, 35 en unidades de hospitalización, 4 máis, e 789 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.476 persoas curadas, rexistrándose 622 falecementos. A última persoa falecida trátase dunha muller de 89 anos da área sanitaria da Coruña.

O número de PCR realizadas é de 269.448.

12 ago 2020 / 11:35
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.