Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 15 agosto 2020
14:31
h

Galicia volve superar os 300 casos activos de covid

Contabiliza 308, 28 máis que o venres. Hai 14 pacientes no hospital, un deles na UCI

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 308, 28 máis que onte. Deles, 107 son da área da Coruña, 74 da de Lugo, 17 da de Ourense, 26 da de Pontevedra, 56 da área de Vigo, 26 da de Santiago, e 2 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 13 en unidades de hospitalización, un máis que o venres, e 294 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.289 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 251.685.

01 ago 2020 / 12:19
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.