Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
O alumnado de formación profesional vese perxudicado dende que se decretou o estado de alarma// Seis estudantes de diferentes cursos mostran a súa opinión ao non ter un plantexamento estipulado //A día de hoxe descoñecen cómo se procedará cos traballos e coas prácticas TEXTO Paula Pérez Cantelar

Incerteza nas FP: os alumnos piden solucións urxentes

A formación profesional (FP) é aquela ensinanza que engloba distintos estudos e aprendizaxes caracterizados pola súa vertente práctica e a súa cercanía ás empresas. Por iso, é fácilmente deducible que o estudantado destas, sexa o máis afectado pola alteración abrupta do normal funcionamento do curso académico. Mais dentro desta modalidade de estudos, diferenciamos tipos de FP de natureza máis práctica e incluso dentro destas, cursos máis prácticos ca outros. Así pois, o estudantado recoñece que as persoas máis afectadas por esta situación son as que estudan modalidades máis funcionais como a FP Dual, ou o segundo curso de calquera, xa que o terceiro trimestre se realiza integramente nunha empresa. As solucións para este alumnado deron máis quebradeiros de cabeza para os superiores ao mando da situación, e dende fai unhas semanas, o alumnado por fin atopa esa seguridade e certeza que precisaba, aínda que, como sabemos, non sempre chove a gusto de todos, polo que hai quen non está dacordo co que se plantexa.

“Substituír prácticas por proxectos non é xusto”
Erica Couso Docabo
FP Media de Estética e Beleza

“Como tiñamos prácticas e non as podemos facer, déronnos só tres opcións: facer un proxecto substitutivo destas, facelas nos meses de verán (sabendo que as empresas non nos quererán coller e perder cartos con nós), ou facelas en setembro (polo que perderiamos un mes dun novo curso)”, explica. Entón a maioría decidiron facer o proxecto. “Mándannos escoller o tema que queiramos de estética e desenvolvelo en 20 páxinas. Si que é certo que hai a quen lle mandan pautas. Non é algo que me pareza xusto, xa que aínda que sexamos de distintos ciclos ou ramas, todos e todas merecemos a mesma oportunidade de que se nos indique como queren o traballo”, destaca.

Aínda así a opción de substituír as prácticas por un proxecto “tampouco me parece xusta, porque levamos 2 anos estudando para ir ao mundo laboral, saber como este funciona, etc, e non imos ter esa oportunidade. Poderían darnos a opción de facelas noutro momento.”

“Deberiamos poder facer prácticas”
Marcos Pérez Cantelar
FP Superior de Mantemento Electrónico

“Dentro do malo tivemos sorte porque, cando quedamos sen clase, xa deramos toda a materia practicamente, e só nos quedaban 2 ou 3 exames e entregar 2 traballos”, detalla. Eses exames substituironos por traballos e entregáronos. O que lles tocou mal foi o tema das prácticas. “Das 3 opcións que nos deron, eu escollín a realización do Traballo de Fin de Ciclo de maneira máis extensa, porque quero seguir estudando e preciso ter a FP aprobada e o título desta para poder ir coa nota a selectividade e presentarme a 2 materias específicas, para entrar na carreira que quero”, di. A él, persoalmente, nesta situación, gustaríalle que, aínda dándolle por aprobado e rematado o ciclo (sen facer prácticas), establecesen que se puideran facer de igual modo noutro momento, “porque senón nunca terei a oportunidade de aprender a poñer en práctica o que estudei, con ese tipo de contrato que che facilitan por ser alumno.”

“Non estamos nada informados”
Mario Santamaría Molinos
FP Superior de Deseño de Construccións Metálicas Dual

“Ao estar facendo unha Dual, empecei en setembro tendo clases teóricas e tiven 2 avaliacións. A partir de aí, en abril, ibamos comezar na empresa, en Cortizo. Empezabamos de aí ata agosto”, especifica. Cando se decretou o estado de alarma non recibiron información ata pasadas unhas semanas e estaban pouco informados, “e seguimos estándoo”.

Como xa acabaran todo o temario e a parte teórica, non tiveron nin clase nin mandaron traballos vía internet “xa que, pola parte do profesorado, xa acabaran o seu traballo e agora nós dependiamos da empresa”.

Mario cree que esta, de feito tivo un ERTE. “Non nos está informando de nada, estamos esperando a que se poñan en contacto con nós para ver que farán”, y añade: Nin se quera o noso xefe de estudos, ao que chamei persoalmente, sabe que pasará coas nosas prácticas. Igual nolas amplían ata o ano que vén”, conclúe.

“Estamos á espera”
Vicky García Cubero
FP Superior de Moda e Patronaxe

“Ao comezo dicíannos que iamos facer os exames en xuño, cousa que non é moi factible. Mentres tanto, estamos enviando traballos e cumprindo cas datas limitadas”, aclara Vicky.

En principio non saben nada sobre os exames online polo que ou lles avalían co traballo feito ou poranlles exames máis adiante. “Ademais en xullo teriamos clases optativas para recuperar o que non puidemos facer anteriormente. Así que estamos á espera, sen datas nin pautas”, manifesta.

Ela no seu caso, está en primeiro curso entón ten a sorte de que o ano que vén seguirá tendo clase con algúns dos profesores que lle impartiron algunha materia este ano, polo que poderán recuperar o temario que polo coronavirus non puideron avanzar.“Pero no caso dos alumnos e alumnas de segundo, si que se ven máis afectados porque están co TFC e non saben como vai avanzar este. E ademais, en canto ás prácticas, a miña escola vese obligada a retrasalas”, explica a estudante de moda e patronaxe.

“O profesorado non se compaxina”
Andrea Tuñas Castro
FP Superior de Ensinanza e Animación Sociodeportiva

“As primeiras semanas despois de quedar sen clase non fixemos nada. Os profesores e profesoras nin contactaron con nós, senón que isto ocorreu fai un mes. Mandamos correos electrónicos e só un profesor nos facilitaba temas. Ata que eles e elas non souberan nada dende arriba, non nos ían dicir nada a nós”, explica Andrea.

Considera que ten os traballos que ten que ter, pero mal distribuídos, porque o profesorado non fala entre si. “Por exemplo para o luns teño 5 traballos, ou incluso 6 ou 7. É dicir, individualmente os profesores fano ben pero non se compenetran entre eles e iso aféctanos. Fan o que poden pero non deberían mandar tantos traballos, sabendo que o resto tamén fai o mesmo”, di.

Andrea Tuñas entende que é moi difícil avaliar un curso tan práctico nesta situación novedosa, pero tamén considera que “deberiamos volver ás aulas polo menos unha semana para facer certa práctica”.

“Mandaron traballos alternativos”
Esther López Álvarez
FP Superior de Fotografía

“O día en que se suspenderan as clases, aquel xoves, nós tiñamos clase pola tarde de tres horas, cun profesor, entón decidimos quedar porque ademais, é unha materia completamente práctica, que consta de proxectos que non son viables facer na casa, porque non se poden realizar sen estudos de fotografía e sen certos materiais como poden ser flashes e os fondos, entre outros”, comenta en profundidade Esther.

En principio, como ían ser 15 días, a primeira semana “non tivemos noticias porque pensabamos voltar”. Nese tempo só seguiron cunha asignatura, xa que se podía seguir “a medias” dende a casa de forma individual.

Non podían facer rodaxes pero si que lles mandaron traballos alternativos para complementar o suficiente.

“Das únicas materias que podíamos continuar dende a casa, que son as únicas dúas teóricas, non soubemos nada ata non fai moito. Na maioría dos casos non podemos seguir cos contidos”, reflexa Esther.

25 may 2020 / 00:17
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.