Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

La rueda de prensa, minuto a minuto

Só Beade permanece no nivel máximo de restricións. O conselleiro de Sanidade confirma que se vai vacinar tódolos días da Semana Santa. Preocupa o aumento de casos en Vigo.

Este es la plantilla de ECG
14:42 h.

Vacinarase tódolos días da Semana Santa

    A preguntas dos xornalistas, o conselleiro de Sanidade confirmou que se vai vacinar "tódolos días da Semana Santa, incluidos xoves, venres, sábado e domingo". A estimación, dixo, é dunhas 100.000 vacinas, se ben dependerá das citas e das persoas que poidan acudir a elas. Detallou que disporanse 32.000 vacinas para a primeira dose dos maiores de 80 anos, 17.000 para a segunda dose deste mesmo colectivo, e 4.900 para o grupo de traballadores esenciais.

    Este es la plantilla de ECG
    14:31 h.

    Lei de Saúde de Galicia

      O conselleiro sinala que salvo unha chamada da ministra, a Xunta non ten ningunha outra información sobre a decisión do Goberno central de interpoñer un recurso de inconstitucionalidade contra a modificación da Lei de Saúde de Galicia. Insiste García Comesaña en que é unha norma necesaria para "mellorar a seguridade xurídica de todas as decisións que tomamos". 

      Este es la plantilla de ECG
      14:29 h.

      O cidadán saberá que vacina se lle puxo

        Preguntado polo certificado de vacinación que vai habilitar Galicia, García Comesaña confirmou que o cidadán poderá saber que vacina se lle puxo e de que lote.

        Este es la plantilla de ECG
        14:24 h.

        Maiores de 80 anos

          Onte recibíronse 57.000 dose de Pfizer e a semana próxima serán máis. Confía o conselleiro en que nos vindeiros días se poida rematar de vacinar aos maiores de 80 anos.

          Este es la plantilla de ECG
          14:22 h.

          Cuarta ola

            García Comesaña afirma que desde Sanidade traballan intensamente para que non se chegue a dar un novo incremento de casos. De producirse, "tomaranse medidas preventivas para frear os contaxios".

            Este es la plantilla de ECG
            14:20 h.

            Máscaras na praia

              O doutor Vázquez Lima, membro do comité clínico, ve con bos ollos que se obrigue a empregar a máscara na praia en todo momento, mentres a porcentaxe de vacinación non sexa máis alta.

              Este es la plantilla de ECG
              14:19 h.

              A vacinación seguirá na Semana Santa

                Julio García Comesaña confirmou que durante a Semana Santa seguirá o proceso de vacinación. Ata o momento foron administradas en Galicia 462.095 dose. Hai 166.556 galegos cunha dose, e 147.759 xa coas dúas. A prioridade agora mesmo, ademais de seguir vacinando aos profesionais dos traballos esenciais, é rematar de vacinar aos maiores de 80 anos. Deste último grupo está vacinado o 60%.

                Este es la plantilla de ECG
                14:16 h.

                Cribados en Alvedro, Lavacolla e Peinador

                  Continúan os cribados no aeroporto da Coruña, a onde chegan uns 450 pasaxeiros díarios, aos que se lles ofrece a posibilidade de facer o test de forma gratuita e voluntaria. Desde hoxe tamén se farán as probas nos aródromos de Lavacolla e Peinador.

                  Este es la plantilla de ECG
                  14:14 h.

                  Chamamento para doar sangue

                    O conselleiro de Sanidade fai un chamamento á poboación para que vaia doar sangue antes dos festivos de Semana Santa, polo previsible aumento da demanda.

                    Este es la plantilla de ECG
                    14:10 h.

                    Preocupación pola evolución en Vigo

                      O conselleiro de Sanidade expresa a súa preocupación polo aumento de casos de COVID en Vigo

                      Este es la plantilla de ECG
                      14:08 h.

                      Galicia habilitará un certificado de vacinación

                        O conselleiro de Sanidade explicou que, á espera de que entre en vigor o certificado dixital verde da Unión Europea en xuño para impulsar a mobilidade, na primeira quincena de abril Galicia porá en marcha un certificado de vacinación, firmado dixitalmente. Será substituído polo certificado dixital verde en canto sexa posible. Ese certificado conterá un códico QR. En formato dixital estará accesible a toda a cidadanía na aplicación PASS COVID. Tamén será accesible desde É Saúde ou Sergas Móbil. Tamén se poderá acceder a él en formato papel nas áreas administrativas para quen o precise.

                        Este es la plantilla de ECG
                        14:05 h.

                        Situación asistencial

                          José Flores, xerente do Sergas, confirma que hai 2.100 personas con COVID que están a ser atendidas nos domicilios. A central do 061 recibe unha media de 2.700 chamadas diarias, o 10% delas relacionadas co coronavirus. Nas urxencias a situación é "similar á dunha data normal". Todos os plans de continxencia dos hospitais galegos está no nivel 1. En camas convencionais a ocupación por pacientes COVID é do 2,32%, un 10,5%, e nas UCI do 5,24%, un 37,5% menos

                          Este es la plantilla de ECG
                          13:59 h.

                          Variantes do COVID

                             A día de hoxe hai confirmados en Galicia 192 casos da cepa británica e 1 da sudafricana

                            Este es la plantilla de ECG
                            13:58 h.

                            Situación por áreas sanitarias

                              Por áreas sanitarias, A Coruña é a que ten unha maior incidencia a 14 días, e Ourense a que menos. No tocante ás cidades, a 7 días a incidencia acumulada pasou na Coruña de 72 a 67 e en Ferrol de 40 a 35. Tamén baixou en Lugo e Ourense, mentres en Vigo subiu ao pasar de 50 a 56.

                              Este es la plantilla de ECG
                              13:53 h.

                              Situación estable en Galicia

                                Carmen Durán, directora xeral de Saúde Pública  explica que a incidencia acumulada a 7 días é en Galicia de 35, e a 14 días, de 70. Baixou lixeiramente con respecto a hai unha semana

                                Este es la plantilla de ECG
                                13:50 h.

                                Só Beade en nivel máximo

                                  Logo de examinar a situación epidemiolóxica de Galicia, só Beade seguirá en nivel máximo de restricións a partir do venres. Quedan en nivel alto Abegondo, Baiona, Cortegada, O Irixo, Ortigueira, Padrenda, Pazos de de Borbén, A Pobra do Brollón, Rábade, Sanxenxo e O Saviñao. Mentres, en nivel medio estarán os concellos de Vilardevós, Celanova,  O Carballiño, Ribadavia, Xinzo, Cangas, Moaña, Gondomar, Meis, Bergondo, Boimorto, Carral, A Coruña, Laracha, Arteixo, Betanzos e Camariñas.

                                  Este es la plantilla de ECG
                                  13:48 h.

                                  Sanidade reclama máis vacinas

                                    O conselleiro de Sanidade comparece tras a reunión do comité clínico. Afirma que a vacinación está a provocar un acusado descenso de casos nas residencias e reclama máis vacinas para poder apurar o proceso

                                    30 mar 2021 / 11:39
                                    • Ver comentarios
                                    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
                                    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.