Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Clúster de Turismo pretende implicar aos bancos

    SANTIAGO. No marco das diferentes accións e iniciativas que o Clúster Turismo de Galicia (CTG) está levando a cabo para mitigar o impactora da crisis do coronavirus no sector turístico galego, téñense aberto unha liña de comunicación con diferentes entidades bancarias –Abanca, Sabadell e Caixabank– co obxectivo de transladarlles as necesidades e condicionantes que teñen as empresas do sector co fin de conseguir a súa implicación nun plan de choque para empresas e facilidades na refinanciación.

    “As empresas precisan liquidez para soportar os custos fixos e compromisos que continúan tendo pese a que os establecementos permanezan pechados e por iso contactamos con estas entidades bancarias para solicitarlles condicións de refinanciamento e flexibilización dos pagos” explicou o presidente do CTG, Cesáreo Pardal, que agradece a boa resposta recollida por parte das entidades financieiras. “A acollida por parte das tres compañías coas que temos falado foi moi positiva e é de agradecer que nos teñan transimitida a súa intención de apoiar ao sector”.

    Deste modo as financieiras transladaron ao CTG a súa disposición a analizar posibles procesos de renegociación e de refinanzamento.

    28 abr 2020 / 10:22
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito