Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os galegos poderán moverse con liberdade entre a medianoite de mañá e as 23.00 horas do día 1 de xaneiro

Poderán facelo exclusivamente para reunións familiares. Os locais de hostalaría con límite de apertura ás 17.00 horas, poderán estendelo ás 18.00

Os galegos poderemos movernos con liberdade, exclusivamente para as xuntanzas familiares, entre a medianoite do 30 de decembro e as 23.00 horas do 1 de xaneiro. Así o acordou a Xunta logo da última reunión do comité clínico para avaliar a situación da pandemia da COVID. Malia a medida, o conselleiro de Sanidade reiterou a recomendación de que os encontros se limiten aos convivintes. En caso de que se xunten dúas unidades familiares, o máximo de persoas mantense en 10, e se son tres unidades familiares, non poderán reunirse máis de 6 adultos.

Julio García Comesaña tamén explicou que os locais de hostalaría que nestes intres teñen como límite horario as 17.00 horas, é dicir, aqueles dos concellos cun nivel de restricións alto ou medio alto, poderán abrir ata as 18.00 horas. Unha medida que, segundo o conselleiro, quedará instaurada máis aló das festas de Fin de Ano. Ademais, o 1 de xaneiro a hora de apertura das cafetarías queda fixada ás 11.00 horas. O toque de queda o día 31 comeza ás 1.30 horas.

Lembrou o conselleiro que non están permitidas as festas de Fin de Ano, e que a xente tampouco se poderá concentrar na rúa para recibir o 2021. García Comesaña incidiu unha vez máis en que debemos ter posta a máscara en todo momento excepto cando comemos ou bebemos, e non se pode fumar na rúa.

29 dic 2020 / 09:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.