Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os positivos polo brote de Arteixo soben en oito, até os 39

É o segundo maior brote rexistrado polo momento en Galicia, despois do da comarca da Mariña

Os casos que deron positivo por COVID-19 vinculados ao brote do ximnasio de Meicende, no municipio coruñés de Arteixo, subiron a 39 este domingo, oito máis que na xornada do sábado, informou o Servizo Galego de Saúde (Sergas).

O seguimento dos contactos que se está levando a cabo na área sanitaria da Coruña e Cee en relación a este brote e as súas ramificacións noutras zonas da área sanitaria levou a realizar 425 PCR na xornada do sábado.

Ante a "posibilidade de novos contaxios", a Consellería de Sanidade segue coas tarefas para localizar contactos e tratar de evitar novas infeccións.

Este brote é o segundo maior rexistrado polo momento en Galicia, após o da comarca da Mariña, en Lugo. A orixe do brote de Meicende sitúase nun usuario dese gimmasio que tamén traballa como porteiro dun pub de Santa Cruz, en Oleiros (A Coruña), local que xa foi pechado a pasada semana.

Ademais, entre as persoas que deron positivo vinculadas a este foco están un vixiante do centro cívico de Monte Alto, na Coruña, e un traballador do matadoiro municipal da mesma cidade.

A CORUÑA. EUROPA PRESS

02 ago 2020 / 12:42
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.