Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

“As miñas primeiras palabras teñen que ser de felicidade e alegría”

Satisfacción do alcalde pola evolución que está a seguir a pandemia na cidad, con 152 positivos

Brindis ao sol cunha cervexa na man. Esa foi a estampa predominante entre media mañá e as seis da tarde de onte na capital galega, onde a reapertura da hostalaría chegou acompañada do bo tempo. Espazos como as terrazas de Praza Roxa, Porta Faxeira, Cervantes ou o Preguntoiro tiñan pouco espazo libre. Tamén fora da zona centro, coma no barrio de San Lázaro ou nos Concheiros, os veciños demostraron que as ganas de desfrutar dun café con leite no bar eran abundantes. “A caña de mediodía non a perdoo este venres, vou inda que diluvie”, a frase é dun deses clientes que onte buscaba sitio no bar.

“Hoy por primera vez en tiempo vi alegría en la calle. Parecía primavera”, engadía outro veciño. Locais de hostalaría da cidade, como o Gonzaba, o ArteSana Gastrobar ou o Café Altamira animaban onte aos clientes a pisar de novo os seus establecementos tras tantos días de peche. De feito, en La Flor, nas Casas Reais, tiraban de sorna co letreiro Abrimos hasta que nos dejen, todos los días. Entre os clientes predominaba a xente moza desexosa de atoparse de novo cos amigos, e non faltaron os selfies nas terrazas para inmortalizar o momento. Tras as experiencias pasadas, predomina unha sensación de que toca aproveitar o momento, por se a situación empeora de novo. De feito, a abundante presencia de xente nalgunha das terrazas ou en grupo polas rúas foi un feito de denuncia para moitos veciños da cidade. Indignados, observaban como moitos clientes non permanecían coa máscara posta o tempo debido, a falta de sinalización de mesas inutilizadas ou a presenza de persoas que se paraban na rúa formando grandes grupos.

Neste sentido, cabe recordar a mensaxe da asociación de hostaleiros pedindo á clientela que se comporte para non obrigalos a facer de policías e solicitando ás autoridades ferramentas para controlar os aforos. De momento, teñen uns días para adaptarse ao novo sistema de códigos QR. Desde a concellería de Seguridade Cidadá, inciden en que se está a reforzar a presencia policial. De feito, onte houbo controis pola tarde en zonas moi frecuentadas, como Porta Faxeira. Unha das veciñas que onte estivo na zona de Porta Faxeira, expresaba “como empecemos como hoxe, en maio estamos de novo todos na casa”.

COMERCIO. A relaxación das restricións para a hostalaría están acompañadas do levantamento do peche perimetral do concello que, salvo unha semana en decembro, levaba nesa situación desde principios de novembro. Coa maior afluencia de xente na capital galega, os comerciantes notaron o aumento de clientela, especialmente nas grandes superficies comerciais. Áreas de compras como a de Costa Vella recuperaron os seus atascos habituais, e os traballadores dos centros comerciais comentaban onte a maior afluencia de xente. Cabe recordar que superficies como As Cancelas, El Corte Inglés ou Área Central víronse obrigadas a permanecer pechadas durante as fins de semana do último mes, salvo as áreas de alimentación e outros básicos.

Tamén os traballadores dos comercios do Ensanche ou do casco histórico notaron a presenza de máis curiosos que, aproveitando a saída, se detiñan a observar os escaparates. Locais como O vestidor de Alicia publicitaban onte nas súas redes sociais as prendas rebaixadas nos últimos días de descontos, nunha chamada aos clientes. Durante as últimas semanas, aqueles que podían entrar na cidade cunha causa xustificada -traballar ou ir ao médico- non podían en cambio realizar compras, feito que lle restou moita actividade ao comercio. De feito, os propietarios de pequenos locais da zona centro de Compostela levaban semanas pedindo que, polo menos, se volvese a un améndoa perimetral.

O alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, apelou novamente á prudencia e á responsabilidade da cidadanía para “non volver cara atrás”, pero tamén amosou a súa satisfacción pola boa senda que están a seguir as cifras de contaxios na capital galega. Así, na comparecencia de prensa ofrecida no primeiro día coa relaxación das restricións en vigor, Bugallo expresou que as súas “primeiras palabras teñen que ser de felicidade e alegría”, en referencia á tendencia da pandemia na área compostelá.

Actualmente, en Compostela hai 152 casos activos de covid. Para facernos unha idea do ritmo que está a seguir a pandemia, é destacable a redución de contaxios entre o pasado luns, con 195 casos activos, en onte: 43 menos. Días atrás, o pasado 12 de febreiro, superábanse os 400 casos activos. E, a día 1 de febreiro, había 708 casos activos. Nun mes a porcentaxe de baixada dos contaxios é superior ao 78 por cento.

En termos de incidencia acumulada a 14 días, esta sitúase en 109 casos por cada 100.000 habitantes. Non obstante, “cómpre dicir que seguen sendo cifras moi elevadas, pero hai menos dun mes a incidencia acumulada era de 700 casos activos”, salientou o rexedor.

A situación actual é similar á vivida a finais de outubro e en novembro, cando se experimentou unha rápida baixada de casos, acompañada en decembro dunha potente subida. Con esta experiencia ben presente, a pesar da actual evolución positiva, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo lembrou que “debemos ser prudentes e responsables e traballar para que próximas decisións sexan para consolidar esta situación e para ir mellorando”. Bugallo tamén se referiu aos sectores máis afectados polas sucesivas restricións. Neste sentido, agarda que estas medidas, como o levantamento do peche perimetral e a suavización das restricións na hostalaría, permitan ir recuperando a actividade da cidade, especialmente a de sectores como o comercio ou o turismo, ademais da hostalaría. O rexedor tamén engadiu que “dende os servizos de seguridade do Concello seguiremos velando polo cumprimento da normas porque debemos ser conscientes de que todo é moi fráxil”.

Regresan os clientes ao ‘novo’ Krystal

Santiago. Coa reapertura da hostalaría, os novos propietarios da Cafetería Krystal, o icónico local situado na Praza Roxa, aproveitaron para iniciar esta nova etapa. Onte, Julio Méndez e o seu fillo Javier posaban orgullosos fronte o letreiro negro e dourado do Krystal, despois de que os antigos propietarios, os irmáns Pensado, se xubilasen. En cuestión de cinco meses, os antigos donos conseguiron chegar a un acordo cos actuais propietarios, responsables do restaurante e cafetería La Polar, un dos locais de referencia na hostalaría de Monforte.

“Hemos llevado a cabo una reforma integral del local para adaptarlo a los tiempos de ahora; hemos cambiado la cocina y mejorado la iluminación. Nuestra intención es traer nuestro modelo de negocio a Santiago, y para ello hemos apostado por un local con una larga historia, como es el Krystal. Y lo más importante, esperamos que todo aquel que venga salga satisfecho”, expresaba Javier Méndez antes da reapertura do icónico establecemento. De feito, o aspecto exterior mantense idéntica á tradicional, na súa esquina da Praza Roxa. “Al igual que en Monforte, combinaremos el servicio de restaurante con el de cafetería. La idea es dar de todo, y para ello tendremos una carta muy amplia, con carne, pescado, pizzas artesanas, hamburguesas... Además, queremos trabajar durante todo el día, ya desde los desayunos, y preparar una sesión vermú muy atractiva”, engadía o novo dono.

“As miñas primeiras palabras teñen que ser de felicidade e alegría”
Satisfacción do alcalde pola evolución que está a seguir a pandemia na cidade, con 152 positivos

O alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, apelou novamente á prudencia e á responsabilidade da cidadanía para “non volver cara atrás”, pero tamén amosou a súa satisfacción pola boa senda que están a seguir as cifras de contaxios na capital galega. Así, na comparecencia de prensa ofrecida no primeiro día coa relaxación das restricións en vigor, Bugallo expresou que as súas “primeiras palabras teñen que ser de felicidade e alegría”, en referencia á tendencia da pandemia na área compostelá.

Actualmente, en Compostela hai 152 casos activos de covid. Para facernos unha idea do ritmo que está a seguir a pandemia, é destacable a redución de contaxios entre o pasado luns, con 195 casos activos, en onte: 43 menos. Días atrás, o pasado 12 de febreiro, superábanse os 400 casos activos. E, a día 1 de febreiro, había 708 casos activos. Nun mes a porcentaxe de baixada dos contaxios é superior ao 78 por cento.

En termos de incidencia acumulada a 14 días, esta sitúase en 109 casos por cada 100.000 habitantes. Non obstante, “cómpre dicir que seguen sendo cifras moi elevadas, pero hai menos dun mes a incidencia acumulada era de 700 casos activos”, salientou o rexedor.

A situación actual é similar á vivida a finais de outubro e en novembro, cando se experimentou unha rápida baixada de casos, acompañada en decembro dunha potente subida. Con esta experiencia ben presente, a pesar da actual evolución positiva, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo lembrou que “debemos ser prudentes e responsables e traballar para que próximas decisións sexan para consolidar esta situación e para ir mellorando”. Bugallo tamén se referiu aos sectores máis afectados polas sucesivas restricións. Neste sentido, agarda que estas medidas, como o levantamento do peche perimetral e a suavización das restricións na hostalaría, permitan ir recuperando a actividade da cidade, especialmente a de sectores como o comercio ou o turismo, ademais da hostalaría. O rexedor tamén engadiu que “dende os servizos de seguridade do Concello seguiremos velando polo cumprimento da normas porque debemos ser conscientes de que todo é moi fráxil”.

27 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito