Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Remata a folga pola carencia de vontade de mellora

Estudantil. Anega anunciou onte a finalización da folga estudantil que comezaran hai xa tres semanas na búsqueda de poñer fin a un ano académico que consideran inxenuo conducir cara unha normalidade inexistente.

O sindicato esgrime que as tres universidades galegas decidiron “pecharse a ter unhas negociacións serias e decidiron censurar e reprimir as estudantes por manifestar as súas queixas”. Con todo, a organización parabenízase porque “a presión da folga foi vital para acadar melloras nalgúns casos”. Aínda que continúan considerando que “os acordos acadados son totalmente insuficientes e a única solución xusta nesta situación era a retirada da avaliación”.

Este bloqueo tanto por parte dos reitorados como do Ministerio –“que non asume a gravidade da situación”– fai que o sindicato considere poñer fin á folga como a opción máis responsable a estas alturas pois “o horizonte dunha vitoria contundente é inexistente”.

A organización anunciou que se centra agora en facilitar a fin do curso con iniciativas que comunicará proximamente, tras protagonizar a primeira folga virtual da historia do movemento estudantil no conxunto do Estado. M.Garrido

07 may 2020 / 22:07
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito