Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
Faustino Gómez

Pioneiros da loita polas bicis: saúde, aforro e liberdade

Presidente da Asociación Cívica Composcleta

Non se trata de comparar Copenhague ou Amsterdam con Santiago. Cada cousa é o que é. Pero vén a conto falar desas cidades porque nelas tamén houbo xentes que libraron a batalla polas bicis e acabaron gañándoa. Cambiaron a fisonomía daquelas urbes e melloraron as vidas de moitos dos seus cidadáns. Aquí, a Asociación Cívica Composcleta, presidida por Faustino Gómez, abandeira case en solitario unha loita desigual pola mesma causa, que parece destinada ao fracaso porque a cidade é hostil polos catro costados. Clima de choivas, pendentes imposibles, fendas e fochancas no pavimento, condutores maleducados, autoridades cegas... Porén, todo ten arranxo. Na Europa educada e rica as bicicletas achegaron saúde, aforro e liberdade. Anímoo a vostede, don Faustino, e a aos seus colaboradores, a que sigan a súa loita. Vainos moito nela. X.C.

05 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito