Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
David E. Losada

Un gran software de estatísticas para que o Obra consiga vitorias

Profesor de Computación e Intelixencia Artificial da USC

Na película ‘Moneyball’, Brad Pitt é adestrador dun equipo de béisbol con baixo presuposto que ten que superar aos clubes máis ricos. Nunha estratexia que sería revolucionaria, cambia o coñecemento tradicional do xogo, cheo de prexuízos e de erros, pola estatística. Diego Coladas, Manuel González, Lucas Souto e Pablo Martínez, alumnos de Enxeñaría Informática da USC coordinados polo profesor David E. Losada, axudaron a crear un software que lle serve ao Obradoiro CAB para analizar innumerables datos e para perfilar fichaxes, algo que o club borda cada campaña. Din na peli que “a meta non debe ser comprar xogadores senón comprar vitorias”. X.C.

27 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito