Pontecesures solicitou fondos do Plan Concellos para melloras en San Xulián, Porto de Arriba e vías

Concello de Pontecesures

Concello de Pontecesures / ECG

O Concello de Pontecesures solicitou 286.378 euros a través das liñas I, II e III do Plan de Concellos 2023. A maior cantidade, 165.941,18 euros, correspóndense coa Liña I de Obras, na que o Concello cesureño incluíu un total de tres proxectos: acondicionamento e melloras en diversos viais, camiños e lugares de Pontecesures (82.019 euros); mellora da mobilidade en San Xulián (158.723 euros); e mellora dun tramo de Porto de Arriba (25.198 €).

No caso do gasto corrente (Liña II), o Concello de Pontecesures solicitou unha achega de 35.685,25 euros para o abono de tres mensualidades do canon de prestación do servizo de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos e das cotas de recollida do RAEE e de pequenos escombros de construción por parte da Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza. Unhas mensualidades de xaneiro, febreiro e marzo 2023 que tiñan un custe de 47.750,4 euros, polo que o Concello cubriu os 12.065,15 euros restantes. E tamén recibirá 84.752,46 euros para contratar cinco persoas desempregadas.