Fases clasificatoria e final do Club de Debate dende Santa Comba e Dubra

Alumnos de Dubra na xornada formativa do Club de Debate / concello

Alumnos de Dubra na xornada formativa do Club de Debate / concello / CEDIDA

O Club de Debate puxo en marcha xornadas formativas en distintas localidades para os 22 equipos de Ames, Carballo, Ferrol, Narón, Rois, Santa Comba, Santiago de Compostela, Teo e Val do Dubra que tomarán parte nesta edición. No caso dos alumnos do CPI de Bembibre, desprazáronse a Rois hai uns días para participar nunha xornada formativa do certame de Normalización Lingüística xunto cos equipos de Carballo, Santa Comba, Santiago, Rois e Teo. Alí recibiron nocións e consellos básicos sobre as habilidades comunicativas precisas para o desenvolvemento fluído das intervencións, sobre a procura de información e documentación para o debate e sobre a estruturación do argumentario e as técnicas de refutación, sen esquecer tamén a experiencia en debate e comunicación pública, grazas a un pequeno simulacro que se realizou. A fase clasificatoria desenvolverase en Santa Comba os días 27, 28 e 29 de febreiro, e os dous equipos mellor situados en cada xornada poderán acudir á fase final, xa en Val do Dubra, o trece de abril.