A Pobra organiza para mañá unha sesión de contacontos en inglés
S. SoutoSUSO SOUTO
A patronal de Ribeira organiza unha nova campaña comercial con motivo do Día da Nai e na que poderán participar quenes rexistren na web da entidade as compras e consumicións feitas entre o venres 19 de abril e o domingo 5 de maio. Os premios desta campaña son: un vale para realizar compras por valor de 1.000 euros, nun día en concreto a determinar entre a Asociación de Empresarios e a persoa gañadora, nos establecementos participantes nesta campaña, como data máxima antes do 31 de maio e nos tres sectores que participan na iniciativa (comercio, hostalería e restauración); vinte entradas para unha sesión de masterclass de estilismo; e catro cestas da compra valoradas en 50 € cada unha. So se poderá facer un
rexistro por operación de compra ou consumición, e cada operación rexistrada equivale a unha participación.
A aula de estudo situada na planta superior da biblioteca municipal Victoriano García Martí da Pobra do Caramiñal acollerá este sábado día 20, a partir das once da mañá, a sesión de contacontos en inglés que leva por título Storytelling Sally Senses, que organiza a academia Kids&Us Ribeira coa colaboración da concellería de Cultura da Pobra do Caramiñal. Esta actividade oriéntase a crianzas con idades comprendidas entre os tres e os seis anos “para que, dende idades temperás, os cativos se vaian familiarizando co inglés a través de contos. Deste xeito, xa van captando conceptos básicos e relacionándoos con situacións das historias que se van narrar”, explica ao respecto a concelleira de Cultura, Patricia Lojo. As persoas que estén interesadas en participar na citada actividade poden contactar con dito departamento municipal para facer as inscricións.
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Oleada de robos: 'Queda la luz encendida para que parezca que hay gente en casa
- Nuevo corte de tráfico en Santiago: una céntrica calle del Ensanche estará cerrada este sábado