Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Abre o auditorio valgués con concertos e mostras

valga. Unha exposición de ilustracións de moda, concertos do CSM Galicia e encontros musicais son as primeiras actividades culturais que acolle o auditorio municipal de Valga dende a declaración do estado de alarma pola pandemia. O Centro Superior de Música, que dende comezos de xuño xa imparte clases presenciais nas instalacións, está a celebrar nos últimos días concertos de clausura do curso a porta pechada. Para mostra, a actuación que ofreceu o venres o Combo de Jazz. Ademais, esta fin de semana o auditorio albergará o primeiro concerto con público. Será o domingo, 5 de xullo, ás 19.00 horas e actuarán a orquestra de cámara Camerata Arven e os alumnos de Dirección e Canto, cun 75 % do aforo. Desde onte reabre tamén a cafetería con horario de verán. E neste mesmo horario pode verse na sala de exposicións do complexo a mostra Contos de fadas, formada por preto de 25 lustracións de moda da valguesa Sandra Souto Gontad. s.elvira

30 jun 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito