Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Achan tirada a virxe roubada no Cruceiro Novo da Pobra

A Pobra. Axentes da Policía Local de Ribeira entregáronlle onte ó alcalde da Pobra, Lois Piñeiro, a imaxe de pedra dunha virxe que fora roubada do Cruceiro Novo desa localidade a principios do pasado mes de abril.

A escultura de pedra foi atopada por un particular, que deu aviso á Policía ribeirense, ás catro e media da madrugada de onte sábado. Atopábase na estrada de Palmeira a Moldes. O rexedor pobrense amosouse contento “pola recuperación dun elemento tan importante do noso patrimonio cultural”.

A escultura representa á Virxe no Neno Xesús nos brazos e data do século XVIII. O citado cruceiro de capela dalle nome á aldea na que se atopa, na parroquia de San Isidro de Posmarcos, e denomínase así porque, ó parecer, no seu día substituíu a outro que estaba ruinoso, se ben a talla xa se atopaba no cruceiro orixinal. A capeliña do cruceiro está sobre un fuste octogonal groso, sobre unha base troncopiramidal e unha plataforma cuadrangular.

A principios deste ano prodúxose tamén o roubo dunha escultura de pedra de San Xoán Evanxelista. Neste caso trátase dunha peza labrada en pedra e datada entre os séculos XVII e XVIII, que ten uns sesenta centímetros de alto e é de estilo Barroco. Atopábase tamén nunha capela de cruceiro de Banda na fachada dun inmoble da rúa de San Lázaro na que tamén existía unha imaxe da Virxe da Concepción que foi roubada hai unha década. s. souto

09 ago 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito