Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Adxudicadas as obras de mellora dun viario en Biduído de Abaixo, Ames

AMES A xunta de goberno local vén de aprobar a adxudicación do expediente de contratación da licitación das obras de mellora dun viario interior no lugar de Biduído de Abaixo, no muncipio de Ames. O proxecto foi adxudicado á empresa Construcciones Cernadas SL por un importe de 49.343 euros. Ditas obras executaranse nunha superficie de 1.070 metros cadrados con cinco centímetros de zahorra de 185 centímetros de pavimento de formigón, previa demolición do existente. Ademais, preténdese facer a canalización de 160 metros de tubaxe de PVC de 400 milímetros de diámetro coas súas correspondentes arquetas con sumidoiro e pozos para a recollida das augas pluviais, previa escavación en zanxa. Tamén se contempla executar 28 metros de caz de formigón con reixa e adaptar pozos e arquetas á nova rasante. a. p.

21 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito