Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 08 agosto 2020
01:37
h

Alumnos do IES Monte Neme farán as prácticas profesionais en Sogama

CARBALLO. Sogama acollerá, en período de prácticas retribuídas, ao alumnado do IES Monte Neme, de Carballo, para constribuír á súa formación profesional. O acordo contempla o desenvolvemento dun proxecto piloto de formación profesional dual, no que se combinan procesos de ensino no instituto e na propia empresa, propiciando desta forma que a aprendizaxe dos estudantes se adapte ás demandas e necesidades do tecido produtivo. Os contidos orientaranse á obtención do título de Técnico Superior en Mecánica Industrial. Serán 2.000 horas formativas en total, distribuídas entre o 15 de setembro e o 31 de agosto de 2022. Ademais de percibir o importe da beca, sufragada por Sogama, os alumnos serán incorporados ao réxime xeral de Seguridade Social e disporán dun mínimo de 30 días naturais de vacacións cada ano.

03 jul 2020 / 01:00
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito