Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ames, a cuarta vila máis transparente de Galicia segundo datos de Dyntra

Ames. O observador social da transparencia e da ética pública Dyntra sitúa nas súas avaliacións ao concello de Ames como a cuarta vila galega máis transparente e a número 96 de toda España. Así se desprende ao contar con 94 de 162 indicadores publicados, e acadando así unha porcentaxe de transparencia de 58.02 sobre 100. Dito valor “é moi importante para este goberno municipal. Queda demostrado coa creación do Portal de Transparencia en 2015”, sinala a concelleira Vanessa Vidal. Ademais, “este sitio web mellorouse o pasado ano coa creación e implantación da nova páxina web municipal”, recalca. Dende o Concello destacan que a partir de xuño de 2019 “coa implantación da nova páxina web e co novo Portal da Transparencia” dita porcentaxe medrou considerablemente ata chegar a acadar o 58 % actual, explican. A.P.

23 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito