Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ames contará con fibra óptica en case todas as parroquias

A nova rede discorrerá en paralelo coa actual de cobre, polo que non será preciso facer obra

En torno ao 80 ou 90% do municipio de Ames contará con fibra óptica. O rural amesán mellorará a súa conexión dixital co novo Plan de Despregamento dunha rede de acceso de nova xeración mediante fibra óptica. Todo isto implica substituír a rede actual, polo que o novo tendido de cables discorrerá en paralelo coa existente de cobre, “e non será necesario proceder a realizar novos cruces aéreos ou obra civil”, aclaran dende o goberno local. As actuacións levaranse a cabo en A Ponte Maceira, Barouta, Castiñeiro do Lobo, Seares de Arriba, Ventín, Framil, Raices, As Buceleiras, Eira Pedriña, Firmistáns, Quistiáns, Capeáns, A Igrexa, Cantalarena, O Pedregal, A Tarroeira, Ameixenda, Cortegada, Folgueira, Montemaior, Sura, O Vilar, A Garea, Arufe, Gasamáns, Novais, O Pazo, Piñor, A Ponte Nova, Sandar, O Mercuto, Quintáns, Lens e Miso.

En breves comezarase coa solicitude dos permisos particulares, así como cos estudos técnicos de campo que permitirán redactar os proxectos que recolle a rede de distribución de fibra óptica que dará servizo a cada un dos veciños do municipio. A tenor de despregues anteriores realizados na comunidade, e dependendo da consecución dos permisos, a fibra chegara a entre o 80 e o 90 por cento da poboación amesá.

O alcalde de Ames, José Miñones, mantivo na pasada semana unha xuntanza por videoconferencia cos responsables de Telefónica para coñecer o detalle do despregue e solicitar o seu inicio canto antes. O rexedor insistiu en que o Concello “é coñecedor da situación actual e da fenda dixital que isto supón e que quedou de manifesto recentemente coa situación da pandemia. De aí que nos últimos meses se estivese falando con Telefónica para levar a cabo o antes posible a implantación da fibra no rural amesá e dar continuidade deste xeito ao proxecto iniciado hai un par de anos”.

A tecnoloxía de fibra, chamada tamén FTTH ten gran velocidade na transmisión de datos, que pode chegar a acadar 1 Gigabait por segundo.

05 jul 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito