Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Ames mercou o inmoble para o coworking A Proa

a maía. O Concello de Ames asinou xa na notaría a adquisición do inmoble que da entrada ao polígono Novo Milladoiro para o proxectode coworking A Proa. Será un novo espazo colaborativo que, a xeito de incubadora, servirá para darlle saída aos proxectos das novas empresas e ás ideas dos emprendedores e autónomos.

A iniciativa A Proa pretende ser o lugar onde arrinquen novas iniciativas que terán a súa continuidade nos diferentes espazos do parque empresarial, e naceu hai case cinco anos, “cando acadamos un acordo coa Deputación da Coruña para cofinanciar o proxecto”, aporta o rexedor.

Hai que lembrar, de calquer xeito, os “numerosos problemas” que retrasaron moito máis do pensado A Proa. E, entre eles, destaca o anuncio feito en agosto de 2018 no que o executivo amesán confirmaba “a adquisición” do local con Santiago Sur despois de “dous anos” de negociacións... e a necesidade de licitala polas canles axeitadas.

Para o tripartito amesán chega agora o momento de traballar na adecuación deste inmoble “e preparar o regulamento e ordenanza, así como a posta en marcha que en momentos como o que se aveciña, postcovid, será un espazo de axuda para moitos autónomos ou persoas que queiran comezar”. A xuizo do alcalde, trátase dun día marcado “na miña axenda”, remataba. m. outeiro

25 may 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito